Archivado en Mujeres e Igualdad, Convocatorias, Muller

Pancarta da Plataforma Feminista Galega, da que forma parte CCOO

Galicia e CCOO, moi presentes na manifestación pola erradicación das violencias machistas

Centos de milleiros de persoas percorreron o pasado sábado as rúas de Madrid para denunciar a violencia machista e instar á adopción de medidas para erradicala. Nesta masiva marcha estiveron moi presentes Comisións Obreiras e Galicia. As diferentes estruturas do sindicato implicáronse activamente para que a manifestación fora un éxito.


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

A presenza do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia visibilizouse, fundamentalmente, tras a pancarta da Plataforma Feminista Galega, da que Comisións Obreiras forma parte. A secretaria da Muller de CCOO, Mabel Pérez, lembrou que no que vai de ano foron asasinadas máis de corenta mulleres en toda España, «alarmante cifra que dá idea da gravidade do problema».

A súa homóloga confederal, Ana Herranz, pediu que as Administracións públicas se comprometan «con feitos, non con palabras», e esixiu o reforzamento das ferramentas para combater a violencia machista.

Pola súa parte, tanto o secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión, como o secretario xeral confederal, Ignacio Fernández Toxo, instaron as forzas políticas e institucións a «tomaren boa nota» desta mobilización e «actuar xa».

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es