Archivado en Campañas, Mujeres e Igualdad, Muller

Nin un paso atrás na loita contra as violencias machistas
A loita contra as violencias machistas é un compromiso no que actuamos cada día. Dar visibilidade ás causas, o noso empeño en acabar coas desigualdades de xénero, esixir que se afronte socialmente e que se dediquen os recursos necesarios, son elementos que están presentes permanentemente na nosa actividade sindical. Ler máis
As cifras de asasinadas estremécennos, pero é necesario tamén visibilizar que as violencias machistas incumben a un número altísimo de mulleres sobreviventes, mulleres que teñen minguados os seus dereitos, a súa liberdade. No ámbito das empresas, centramos as nosas actuacións na aplicación de dereitos laborais que garantan a estas traballadoras facer compatible esta situación tan dramática coa súa seguridade, o mantemento dun posto de traballo que lle achegue recursos económicos, de comunicación e de recuperación.
O acoso sexual e por razón de sexo, é outra das formas nas que se manifesta a violencia machista, que traspasa os muros da empresa e contra a que actuamos no desenvolvemento de protocolos que fagan intervir ás empresas asumindo a responsabilidade que lles corresponde.
Convocatoria de la Mesa de Relaciones Laborales en BBVA, para acometer un proceso de despido colectivo
Convenio Droguería, Perfumerías y Herboristerías: mediación en El SIMA por Incumplimiento de la Patronal
Convenio Colectivo de Oficinas y Despachos de Madrid 2019-2021, publicado en el Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid
Reestructuración CaixaBank: pistoletazo de salida a la negociación
Calendario Laboral 2021. Publicado en el BOE
Herramienta de cálculo de la Plusvalía Municipal según municipio - Forociudad -