Concentración contra o despedimento de dous delegados de CCOO de Eurostars Gran Hotel La Toja
En xuño de 2015, o grupo Hoteleiro Hotusa, tras facerse cargo da xestión do Gran Hotel La Toja, presentou ás traballadoras e traballadores cartas de subrogación nas que se garantían os postos e as condicións de traballo. Meses despois, e amparado en informes económicos desfavorables expresou a súa intención de pechar as súas portas en tempada baixa.
Mediante un ERTE establecéronse axustes nas xornadas laborais cun tope de 1.300 horas no ano 2016 para evitar pechar ao público, compensando períodos de menor e maior afluencia.
Porén, neste último verán a empresa negociou de forma individual cos afectados o cambio de contrato fixo a fixo discontinuo, evitando a negociación colectiva e presionando de todos os xeitos posibles para que os sindicatos aceptasen esta medida, feito ao que Comisións Obreiras non cedeu e ao que se opuxo rotundamente.
CC.OO asegura que as dúas persoas despedidas se caracterizaron polo firme rexeitamento ao expediente de regulación de emprego (ERE) formulado pola dirección do grupo Hotusa, que explota as instalacións. Asemade, denunciaron incumprimentos da cadea hoteleira, como o non pagamento das horas extras realizadas durante a vixencia do ERE, xa que o acordo asinado entre o comité e a dirección fixaba un máximo de 1.300 horas anuais, que se acabou superando. Tamén se opuxeron á destrución dos contratos fixos e de maiores de 55 anos, que foron sustituídos por fixos discontinuos, por xente xoven con salarios de miseria e alumnos en prácticas.
Cabe salientar que esta política de represión sindical de Hotusa estase aplicando con igual intensidade no Hotel de la Reconquista de Oviedo con despidos de integrantes do comité de empresa.
Comisións lamenta tamén a pasividade e falta de solidariedade amosada polos outros sindicatos con representación na empresa, CIG e CSIF, que ademais non acudiron á concentración.
Video: intervención de Isabel, unha das despedidas
O Gran Hotel La Toja (HOTUSA) faltou á súa palabra sobre o emprego e incumpriu o acordado no ERE
- Defendamos os nosos dereitos laborais, defendamos os postos de traballo da xente da comarca e da vila!
- Pactos incumpridos por parte da empresa HOTUSA. Hai culpables, basta de abusos, loitamos polo emprego
- Pola estabilidade na nosa localidade. Aféctanos a todos, tomos somos afectados!
- Se non loitamos polo noso futuro e o benestar na nosa terra, que futuro queda para a nosa xuventude?
- Si ao traballo, si á defensa dos nosos dereitos! Si á liberdade de expresión!
- Non á represión contra Comisións Obreiras e os seus delegados e delegadas!
- Basta xa de castigos a abusos laborais desta empresa.
Convocatoria e normas, para o seu desenvolvemento en Galicia, do VIII plenario da Sección Sindical Estatal de PARADORES DE TURISMO
A Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia, en aplicación dos acordos da sección sindical estatal da empresa PARADORES DE TURISMO DE ESPAÑA SA, sobre a renovación dos órganos de dirección da sección sindical, convoca mediante a presente Plenario Rexional de afiliados e afiliadas de CCOO en Paradores de Turismo de España, SA de todos os centros en Galicia, o próximo 24 de outubro en Santiago de Compostela no Polígono San Lázaro en Santiago-A Coruña, ás 12,30 horas.
Con este Plenario de afiliados e afiliadas preténdese dar voz á afiliación a cerca de como se pode organizar a sección sindical en Galicia, debater os documentos do plenario estatal, e escoller dous representantes para acudir ao plenario estatal da sección sindical de CCOO en Paradores.
Para máis información sobre este proceso, podes consultar a seguinte ligazón e/ou consultar cos teus delegados/as de CCOO no teu centro os documentos do plenario estatal, aos efectos de efectuar as achegas que se consideren oportunas.
Para calquera dúbida ao respecto quedamos á túa disposición na dirección de correo electrónico: direccionprovisional.galicia@servicios.ccoo.es
Atentamente.
CCOO Servizos Galicia
Normas Plenario Paradores Galicia GL Normas Plenario Paradores Galicia ES
Xornada de loita na Hostalaría e o Turismo
Xuntanza da estrutura da Federación de Servizos de Galicia coa nova Dirección Provisional
Despois da disolución da anterior executiva da Federación de Servizos de Galicia, hoxe martes, seis de agosto celebrouse unha xuntanza en Santiago á cal asistiu a estrutura cos integrantes da Dirección Provisional.
Tratáronse diversos temas, entre os cales están a situación da Federación, a atención sindical e a organización do traballo ata o Congreso da Federación que se celebrará o próximo quince de marzo.
Na
imaxe, e de esquerda a dereita, algúns dos integrantes da
Dirección Provisional:
Alejandro Salvador (apoio Organización), Benito Gutiérrez
(presidente da Dirección Provisional), Francisco Villares
(responsable de Organización) e Raquel Blanco (apoio Acción
Sindical).