Archivado en Comunicado breve, Elecciones sindicales, Union Comarcal Lugo, Hostalaría
Desde a Sección Sindical de CCOO en Paradores e a Federación de Servizos de Galicia queremos agradecer a confianza que puxeron en CCOO e no noso candidato os traballadores e traballadoras do Parador de Vilalba.
Nas eleccións sindicais celebradas este mércores, día dezaseis, o resultado foi contundente a favor de CCOO. Por 12 votos dun total de 18 foi elixido o compañeiro Domingo, delegado de CCOO que revalida o seu mandato por quinta vez e que de novo viu recoñecido o traballo realizado nestes catro anos.
O noso compromiso cos traballadores e traballadoras deste Parador seguirá sendo o mesmo que ata agora, poñendo o noso total empeño en conseguir mellorar as condicións de traballo de todo o cadro de persoal, dando continuidade na implicación como sindicato e proporcionando soporte ao noso delegado, que seguirá traballando con lealdade para os seus compañeiros e compañeiras.
Queremos dar as grazas a todo o persoal pola confianza depositada, na seguridade de que non vos defraudaremos.
2024 © CCOO SERVICIOS. Aviso Legal | Contacto