CCOO asina importantes melloras económicas e sociais no convenio de comercio téxtil de Ourense
A Federación de Servizos de CCOO asinou hoxe canda outras organizacións o convenio do comercio téxtil da provincia de Ourense 2020-2022. Comisións, sindicato con máis representación na mesa de negociación, salienta que o novo convenio recolle un incremento salarial do 5 %, o que vai permitir rematar coa conxelación de salarios que padecía o persoal. Ademais do aspecto económico, conséguense importantes melloras sociais en cuestións como as licenzas, excedencias ou clasificación profesional. Ler máis.
CCOO ponlle nome á precariedade e explotación laboral no comercio: «traballar gratis é escravitude»
A Federación de Servizos de CCOO inicia en todo o Estado unha campaña para denunciar a precariedade e as cargas de traballo «extremas» no sector do comercio. En Galicia, segundo o informe que o sindicato presentou este martes, esta rama da actividade está marcada pola temporalidade e, sobre todo, o predominio da xornada parcial. Todo isto, malia que foi considerado un sector considerado «esencial» durante a pandemia, o cal non se traduciu nunha mellora das condicións laborais. Ler máis
CCOO inicia unha campaña para denunciar a precariedade e as cargas de traballo extremas no sector do comercio
A temporalidade y, sobre todo, a parcialidade definen as condicións de traballo do sector do comercio. Un sector considerado esencial durante a pandemia, cun gran número de convenios bloqueados e cadros de persoal que soportan durante os últimos meses do ano unhas cargas extremas de traballo.
Aínda que o sector do comercio afronta a campaña de vendas de final de ano con máis persoal do que tiña antes da pandemia (o terceiro trimestre de 2021 pechou con 17 748 persoas ocupadas máis ca o mesmo período do 2019), hai que ter en conta que aínda quedan máis de 1300 en situación de ERTE no ramo. Ler máis
Asinado o I Plan de Igualdade de Joyerías José Luís
Despois de varios meses de negociación interrompidos pola pandemia, hoxe 22 de novembro de 2021 asinamos o Plan de Igualdade de Joyerías José Luís. Un Plan que afecta a case 400 persoas repartidas maioritariamente por puntos de venda en toda España.
As medidas máis destacadas son:
- Crear un rexistro co persoal a xornada parcial que desexe incrementar a súa xornada
- As persoas con xornadas parciais terán preferencia para aumentar a súa xornada dentro do seu centro e provincia
- Garantir que os permisos por conciliación se cumpran impedindo que o seu exercicio supoña discriminación na promoción, ascensos, retribución, formación.
- Conceder 8 horas anuais para as persoas en tratamentos de reprodución asistida
- As persoas traballadoras terán 15h anuais para adaptacións escolares
- Revisar e adaptar o código de conduta para asegurar un ambiente de respecto entre as persoas traballadoras
- Habilitarase un espazo ou mobiliario adecuado para os descansos das mulleres embarazadas
- As mulleres vítimas de violencia de xénero que como consecuencia teñan mobilidade xeográfica terán unha axuda económica de até 300€
- O persoal terá dereito á desconexión dixital. Unha vez finalizada a xornada a empresa comprométese a non enviar mails, WhatsApp, recoñecendo o dereito a non contestar. Non poderá adoptase medidas sancionadoras por este motivo.
Desde CCOO valoramos este acordo de maneira positiva, xa que establece un gran avance en medidas de promoción, formación, conciliación, violencia de xénero, acoso laboral, por razón de sexo e en dixitalización entre outras medias.
Carrefour Ourense deberá aumentarlle a xornada a unha traballadora e indemnizala polo lucro cesante
O Xulgado do Social núm. 1 de Ourense condena a Centros Comerciales Carrefour, S. A., de Ourense a lle aumentar a xornada laboral a unha traballadora e a indemnizala economicamente polo lucro cesante. A empregada, con máis de 25 anos de antigüidade, tiña xornada a tempo parcial e solicitara ampliala para traballar a tempo completo, ao considerar que se reunían os requisitos fixados no convenio colectivo. Ler máis