Archivado en Noticias

IA algoritmos

A Negociación colectiva ante os novos retos da intelixencia artificial e as relacións laborais

As máquinas introducen procesos relacionados coas persoas. Púidose comprobar que introducen datos sobre xénero, etnia, clase social, Desde CCOO pídese que os convenios colectivos poidan recoller distintos graos de control destes algoritmos e que as empresas presten toda a información.


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

En Europa xa se está traballando nunha lexislación que se adapte a esta intelixencia artificial. Javier de Dios, secretario de Políticas Sectoriales do Sector Financeiro de CCOO, en declaracións á Sexta pide que se informe "para que se utiliza, que parámetros están utilizando para tomar decisións e se está supervisado por unha persoa". “Auditar os mecanismos de IA. Depurar os posibles sesgos negativos. Compartir abertamente información coa representación legal das persoas traballadoras”.

 

Video "Todo es Mentira" .-  Quatro

 

Como pode un algoritmo decidir se somos aptos ou non para un posto de traballo? De que tipo de información se nutren? Javier contesta “nútrense dun histórico. Home branco de 30 anos sen cargas familiares (ese é o estereotipo). O algoritmo filtra a información co risco dos prexuízos que a información manexada poida levar. É importante ter unha persoa que xestione eses algoritmos que por desgraza tamén poden ter prexuízos?. Os colectivos máis prexudicados son: Mulleres, persoas maiores, cargas familiares, persoas racializadas, etc.”.

Están a aumentar os despedimentos en España polo uso destes algoritmos? Non diría que poida ser unha variable principal. Si que é verdade que a obtención de información negativa sobre unha persoa traballadora pode levar a unha decisión pouco acertada sobre o seu futuro, que hai anos non sería pensable”..

Nun artígo publicado en El País o pasado 29 de agosto, así o denunciou a secretaria xeral da Seccion Sindical Estatal de Banco Santander, Noemí Trabado, unha das sindicalistas que está a lograr levar aos convenios colectivos o uso dos algoritmos e da Intelixencia Artificial en xeral: “A intelixencia artificial xa non está só ao alcance das grandes empresas, xa se pode alugar", precisa Noemí, quen defende firmemente: "Estes instrumentos úsanse para contratar e despedir, teñen que ter supervisión humana”.

Xa en España trabállase nun Real Decreto onde se tentará que se regulen estes proxectos de intelixencia artificial, aínda que Noemí indica “que unha normativa máis detallada neste tipo de regulacións está presente en varios convenios sectoriais nacionais como os convenios de banca; o de entidades de seguros, reaseguros e mutuas colaboradoras coa Seguridade Social; de enxeñarías; de contact center; ou de tecnoloxías da información e telecomunicacións (TIC).”

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es