Archivado en Muller

feminismo de clase

Feminismo de clase

NÓS, as mulleres de CCOO organizámonos nun sindicato de clase, solidario, internacionalista, que busca transformar a sociedade para que sexa máis xusta. E moitas de nós estamos afiliadas e organizadas tamén en organizacións feministas. Ler máis


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

Somos continuadoras da centenaria loita feminista como mulleres e como traballadoras. Foron miles de mulleres as que nos antecederon, as que loitaron pola desigualdade salarial, por melloras en saúde laboral, xornada, permisos de maternidade, fronte ao acoso sexual, etc. Loitaron polos dereitos, as melloras sociais e as liberdades. Era, o seu, un feminismo de clase, e desa xenealogía somos continuadoras. Son Flora Tristán, Clara Zetkin, Rosa Luxemburgo, Alexandra Kollontai... e os miles de mulleres anónimas que as acompañaron e as reforzaron.

Do noso pasado recente, xa como CCOO, podemos dicir que somos continuadoras de Begoña San José, Nati Camacho, Ramona Parra..., e milleiros de compañeiras sindicalistas máis, ás que non deixaremos de render homenaxe e recoñecemento.

As mulleres somos as máis precarias laboralmente. Denunciamos o crecemento da pobreza e das desigualdades, con especial impacto en nós, con crueza nalgúns grupos, como as maiores, as paradas de longa duración, as que están a cargo de menores en fogares monomarentales ou as inmigrantes, entre outras.

Tamén denunciamos a persistencia da brecha salarial, o empeoramento das condicións de emprego en moitos sectores feminizados, como consecuencia das reformas laborais. E alertamos das brechas de xénero na protección social e nas pensións, especialmente no económico, a consecuencia da nosa desigual inserción laboral,

Porque somos conscientes da nosa situación ante o emprego e a desigual distribución da riqueza que se xera por esa vía (conflito capital-traballo), sabémonos traballadoras e organizámonos nun sindicato de clase.

CCOO leva desde a súa orixe a loita contra a dobre discriminación que nos afecta como mulleres, por ser mulleres e por ser traballadoras á que unimos a loita contra todo tipo de violencias. Unha loita que a levamos a todos os ámbitos nos que estamos como CCOO, sen tregua, sen ningún descanso.

Dito doutro xeito, o noso traballo atópase principalmente situado na base do material, do compoñente económico e social como elemento crave do empoderamiento e a autonomía persoal das mulleres. No noso feminismo crúzanse os problemas de clase e de xénero, á vez que temos en conta os derivados por calquera outra circunstancia ou condición persoal ou social.

A nosa posición, tanto a feminista como a sindicalista, baséase nos principios de xustiza, liberdade, igualdade e solidariedade. Sabemos que a nosa loita é colectiva e que os logros deben ser tamén colectivos. Ese é o valor do sindicalismo de clase.

Respectando todos os enfoques teóricos, nós, as sindicalistas, que non somos teóricas, senón que primamos a acción ("fixemos, facemos, faremos" é o nosa lema) destacamos a necesidade de recoñecer o valor do traballo das mulleres, dos traballos (en plural), tanto o que realizan como asalariadas como o que realizan, por imposición da lóxica patriarcal da domesticidad, no ámbito do fogar, o traballo doméstico e de coidados, básico para o sostemento das sociedades.

As desigualdades persisten, pero avanzamos na loita. O pasado 8 de Marzo cambiou o relato nos medios de comunicación. As desigualdades e a violencia cara ás mulleres abriron os telexornais, foron primeira páxina nos xornais. As problemáticas tantas veces denunciadas (brecha salarial, precariedade laboral con rostro de muller, violencias machistas...) foron, de súpeto, protagonistas do discurso mediático. Pero onde houbo moitos menos cambios, é sen dúbida, na nosa vida real como mulleres.

Un logro substancial é que a axenda feminista forma parte xa da axenda sindical, non o imos a negar. O noso obxectivo é acabar coas desigualdades sociais, e as de xénero forman parte substancial delas. Como sinalei anteriormente, se o pasado 8M cambiamos o relato, agora trátase de cambios estruturais. Por iso, dicimos tamén, para CCOO é 8M sempre. Para o sindicalismo de clase de CCOO todos os días son 8 de Marzo.

Algúns indicadores da desigualdade estrutural de xénero na nosa contorna: menor acceso a emprego (inactividade, paro, economía informal ou mergullada) e ao emprego de calidade (segregación, tempo parcial, temporalidade); discriminación salarial e salarios máis baixos (sectores feminizados); menor presencia en postos directivos en organismos económicos (menos poder en decisións económicas); menor acceso a prestacións sociais e prestacións de menor contía; menor acceso a pensións contributivas e brecha en pensións; traballo reprodutivo (doméstico e de coidados) asignado polo rol de xénero como obrigación principal, vitalicia e gratuíta. Esta obrigación de coidado causa abandono do emprego que pode ser definitiva ou temporal, mediante excedencias /redución de xornada; e cando non hai abandono do emprego o que hai é dobre ou tripla xornada de traballo.

Todo iso remata producindo a desigualdade económica que sufrimos as mulleres: somos máis pobres e temos un acceso menor aos recursos que proporcionan a autonomía económica.

Desde CCOO unimos os nosos intereses en defensa da clase traballadora, é dicir, a loita pola xustiza social, a redistribución da riqueza na pugna capital/traballo, vía salarios dignos así como vía prestacións sociais e servizos públicos como dereitos nun Estado de benestar, cos intereses como organización con obxectivos feministas. Estes son, fundamentalmente: incorporar a perspectiva de xénero nesta loita, integrando a xustiza de xénero na xustiza social.

Temos os "enclave violeta", punto de visibilidade da loita sindical e feminista presente en todas e cada unha das mobilizacións sindicais, resultado de transversalizar a perspectiva feminista á esfera sindical. Só así se conseguirá o obxectivo perseguido de igualdade real e efectiva. E queremos que nunca máis haxa retrocesos nos nosos dereitos, e que a igualdade sexa un camiño sen retorno.

As CCOO tivemos, temos e teremos o obxectivo irrenunciable de construír colectivamente unha sociedade inclusiva e igualitaria, na que non teñan cabida nin discriminacións nin violencias contra as mulleres. Nisto estamos e nunca nos renderemos.

O sindicalismo de clase, o sindicalismo organizado, nos empodera ás sindicalistas, empodera a todas as mulleres. E non hai dúbida, mais mulleres en organizacións sindicais, fan sindicatos máis fortes.

Elena Blasco Martín


Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es