Arxivat a Negociacion Colectiva, Comunicados convenio
Asinado convenio comercio alimentación A Coruña, con aumento salarial e redución de xornada
O pasado dezanove de xullo asinouse o convenio colectivo de comercio alimentación da provincia de A Coruña, cuyos puntos máis importantes son os seguintes:
- Convenio a 4 anos: 2022-2025.
- Eliminamos o grupo IV, cun grupo III con 4 niveis e promoción automática.
- Redución da xornada laboral, pasando de 1812 a 1792 horas anuais, mediante a aplicación de 3 sábados libres, un cada cuadrimestre, excepto o mes de decembro.
- Xornada continua, con compromiso e garantía dunha mínima de xornada continua para o 70% do persoal a tempo completo por tenda.
- Cláusula de desconexión dixital, para evitar as continuas chamadas de teléfono ou WhatsApp ao saír do centro de traballo.
- Cláusula de transición dixital, para regular a posible afectación nos postos de traballo da dixitalización e a venda online.
- Mesa de contratación, para adaptar a Reforma Laboral á contratación existente na empresa.
- Actualización da lexislación en materia de Xestación.
- Cláusula de rexistro de valores, para garantir a igualdade de salarios e complementos.
- Licenzas retribuidas. Mellora no suposto de hospitalización: a licenza poderase iniciar durante calquera dos días que dure a hospitalización, sempre que se comunique coa debida antelación, pódese utilizar de forma fraccionada. Todas as licenzas empezarán o primeiro día laborable tras o feito causante.
- Incremento Salarial: 2022: 5%, 2023: 4% 2024: 3% 2025: 3%
- Revisión salarial a IPC Real con tope de: 2022: 2,5%. 2023: 2%, 2024: 1%, 2025 - 1%
(*) Se leva 3 anos no nivel 1 pasa ao 2. Se leva 3 anos no nivel 2 pasa ao 3. Se leva 3 anos no nivel 3 pasa ao 4
Á espera da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña adiantamos o texto completo do convenio.
Acuerdo de Tarifas y Servicios Bancarios para la Plantilla del BBVA
Delegados y Delegadas de Prevención de Riesgos Laborales en Tecnocom
Decisiones difíciles de entender
Plan de movilidad P.I. Can Sant Joan
La dirección de la Paradores anula la posibilidad de JUBILACIONES PARCIALES AL 75% para los años 2022 y posteriores.
Entra en vigor la ley que regula el teletrabajo: qué cambia a partir de ahora









