Situación do Convenio Colectivo Comercio-Alimentación A Coruña
Tras un parón na negociación, o día seis mantivemos unha nova reunión na que intercambiamos as plataformas reivindicativas de sindicatos e patronal. A plataforma conxunta das centrais sindicais, pretende sobre a base do convenio anterior avanzar en temas como:
-
Melloras substanciais nos contratos a tempo parcial, no que respecta a tipo de horarios, consolidación de horas e promoción a tempo completo.
-
Control de Xornada mediante instalación de sistemas de fichaxe.
-
Libranzas de fin de semana en tendas de zona de influencia turística.
-
Melloras en vacacións e licenza retribuídas.
-
Inclusión de normas para o tratamento do acoso.
-
Melloras no tratamento dos inventarios.
-
Paga de Incentivos por beneficios.
-
Un incremento de salarios acorde ás melloras das condicións económicas das empresas.
Por parte da patronal, e negociando nunhas condicións económicas que para nada teñen que ver cos momentos máis difíciles da crise da negociación do Convenio anterior, manteñen unha actitude de negociación á baixa, sen presentar unha plataforma clara das súas pretensións e cunha ambigüidade que deixa ver un intento ou pretensión de empeorar en aspectos como:
-
Sen proposta de incremento salarial definido.
-
Modificar Pago IT (baixas por enfermidade ou accidente laboral)
-
Recorte de pluses, axudas, nocturnidad e tempo de descanso.
-
Recorte de abono de horas extras.
-
Incremento das porcentaxes de horas complementarias obrigatorias.
Desde Comisións Obreiras, entendemos que a patronal se equivoca e que non é o momento de tentar precarizar e empeorar máis as condicións laborais do persoal que traballa no Comercio de Alimentación.
CCOO Servizos mellora a súa representatividade en VEGALSA Oroso (p.l. Eroski)
Onte celebráronse en Oroso as votacións correspondentes ao proceso electoral da empresa VEGALSA (platoforma loxística de Eroski). Ata o día de onte o comité estaba formado por 5 delegados/as de UGT, 2 de CCOO e 2 de FETICO. Grazas ao traballo dos nosos delegados/as durante estos últimos catro anos o resultado neste último proceso foi o seguinte:
CCOO Servizos e UGT conseguen desbloquear a situación das empregadas e empregados de ALN (Contact Center) Coruña
No día de hoxe firmouse un ERE extintivo dentro de concurso cunha indemización de 20 días por ano, que sufragará o FOGASA. Co fin de axilizar o proceso non se fixo uso do período de consultas e procedeuse a entregar ao xuíz o acordo xa firmado. Deste xeito, as traballadoras e traballadores do ALN Coruña saen do "limbo" laboral no que se atopaban ata o de agora, xa que non tiñan carga de traballo, nin salarios, nin tampouco podían abandonar o seu posto.
Catro partidos políticos votan unha moción conxunta en solidariedade con ALN Coruña
Tal como relatabamos o 15.06.2016, a situación das traballadoras e traballadores de ALN na Coruña segue a ser de total indefensión. Por ese motivo dende CCOO Servizos promovimos no día de onte unha moción no Concello de A Coruña a cal foi votada favorablemente por PSOE A Coruña, Marea Atlántica, BNG da Coruña,. e Partido Popular da Coruña.