Convenio
colectivo do Sector de
Oficinas e Despachos Provincia de Pontevedra 2009 2012
Artigo 1º.- PARTES CONCERTANTES
A Comisión Negociadora do Convenio que se subscribe está integrada por parte empresarial, polo Sector das Empresas de Oficinas e Despachos da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra e, por parte dos Traballadores, polas Centrais Sindicais, Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión General de Trabajadores (UGT) e Comisiones Obreras (CCOO).
Ámbalas dúas partes recoñécense como interlocutores válidos con lexitimación suficiente para a negociación do presente Convenio, de acordo co que establece o Título III do vixente texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
Artigo 2°.- ÁMBITO PERSOAL
Rexeranse polo presente Convenio a totalidade dos traballadores e traballadoras que, na actualidade ou no sucesivo, presten os seus servizos nas empresas reguladas polo ámbito funcional e situadas dentro do ámbito territorial.
Artigo 3°.- ÁMBITO FUNCIONAL
O presente Convenio establece e regula as normas polas que se han de rexer as condicións de traballo nas empresas encadradas na actividade de Oficinas e Despachos.
Artigo 4°.- ÁMBITO TERRITORIAL
As normas do presente Convenio serán de aplicación en toda a provincia de Pontevedra.
Artigo 5°.- ÁMBITO TEMPORAL - VIXENCIA
O presente Convenio terá unha vixencia de catro anos, con efectos de 1 de xaneiro de 2009 ao 31 de decembro de 2012. Entenderase prorrogado tacitamente por anualidades naturais de non mediar denuncia expresa das partes.
Artigo 6°.- DENUNCIA
Calquera das partes poderá denunciar o Convenio, comunicando á outra parte e á autoridade laboral, con tres meses de antelación, como mínimo, a data de expiración da súa vixencia.
Artigo 7º.- COMISIÓN PARITARIA
Acórdase establecer unha Comisión Paritaria como órgano para a conciliación, interpretación e vixilancia do pactado no presente Convenio.
Esta Comisión estará formada, por acordo das partes, polas representacións económica e social que deliberaron o mesmo, e que figuran como asinantes do presente Convenio. Aos sós efectos de notificacións, sinálanse os seguintes enderezos:
Pola representación económica:
- Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, na Avda. García Barbón 104-1°, de 36201 VIGO.
Pola representación social:
- Confederación Intersindical Galega (CIG), na rúa Gregorio Espino 47-entrechán, de 36205 VIGO.
- Unión General de Trabajadores (UGT), na Avda. García Barbón 65, de 36201 VIGO.
- Unión Sindical de Comisiones Obreras (CCOO), na rúa As Teixugueiras 11, entrechán - Navia, de 36212 VIGO.
Así mesmo, establécese no seo desta Comisión Paritaria unha comisión de estudo ao fin de preservar ás empresas dun nivel elevado de absentismo laboral, habilitando a estes efectos, en caso de acordo futuro, á propia Comisión Paritaria con capacidade de negociación colectiva.
Artigo 8º.-XORNADA DE TRABALLO
A xornada de traballo distribuirase da seguinte maneira:
Xornada de inverno: 39 horas efectivas semanais, traballadas de luns a venres, en réxime de xornada partida e a posibilidade de que sexa intensiva o venres, sendo diferida a aplicación obrigatoria da xornada referida aos venres ata o 1 de outubro de 2010.
As empresas que teñan establecida unha xornada continuada durantetodo o ano, respectarana como condición máis beneficiosa, distribuíndoa de luns a sábado.
Xornada de verán: 35 horas efectivas semanais, traballadas de luns a venres, en réxime de xornada intensiva ou continuada. A partir do ano 2009, este réxime de xornada levarase a cabo dende o 15 de xuño ao 30 de setembro, ambos inclusive. A partir do ano 2011, será dende o 1 de xuño ao 30 de setembro, ambos inclusive.
Cando a xornada diaria continuada exceda de 6 horas, establecerse un período de descanso de quince minutos. Este periodo de descanso considerarase tempo de traballo efectivo.
Establécense como días festivos a todos os efectos os días 24 e 31 de decembro de cada ano, e o serán do día 5 de xaneiro.
Artigo9°.-PERMISOSRETRIBUÍDOS
Aos traballadores e traballadoras interesados/as concederánselles necesariamente os seguintes permisos retribuídos:
Matrimonio do traballador ou traballadora: 15 días.
Intervención cirúrxica ou enfermidade grave do/a cónxuxe, pais, pais políticos, fillos/as e irmáns/irmás: 5 días.
Parto da muller: 3 días.
Morte do/a cónxuxe, pais, pais políticos, fillos/as e irmáns/irmás: 5 días, que se ampliarán ata 8 días se o óbito ocorrera en municipio distinto ao do centro de traballo.
Morte dos avós, tíos e cuñados: 2 días.
Necesidade de atender asuntos propios que non admitan demora: o tempo que sexa necesario para elo. Outorgarase este permiso unha vez demostrada a necesidade.
Licenza a Representantes Sindicais: estarase ao lexislado nesta materia.
Por asuntos propios, sen necesidade de xustificación: 1 día.
En todo o que respecta a dereitos ou situacións referidas nos apartados anteriores, na que a condición de muller/home e cónxuxe sexa a causa, entenderase que a condición de parella estable con convivencia continuada, e suficientemente xustificada, dará lugar aos mesmos dereitos e situacións.
Os días aos que fai referencia este artigo entenderanse, en todo caso, como naturais.
Artigo10°.- VACACIÓNS ANUAIS
O persoal regulado por este Convenio terá dereito a 22 días laborais de vacacións anuais que se disfrutarán preferentemente nos meses de verán, de acordo coas necesidades da Empresa.
As quendas de vacación serán fixadas pola Empresa e os Delegados/as de Persoal ou Comités de Empresa onde os haxa ou, no seu defecto, por quen designen os traballadores/as.
En concepto de salario base mensual corresponden, a cada unha das categorías profesionais, o que se detalla na primeira columna da táboa salarial anexa, dita táboa salarial vixente durante o ano 2008 será incrementada para o ano 2.009 nunha porcentaxe equivalente a suma do IPC real do ano 2.008 máis un 0'75%. Esta actualización da táboa salarial terá efectos económicos dende o día 1 de Xaneiro de 2009 ata o 31 de Decembro do mesmo ano.
Os incrementos salariais pactados para os catro anos de vixencia do convenio son os seguintes:
Ano 2009: IPC real ano anterior + 0,75%
Ano 2010: IPC real ano anterior + 0,75%
Ano 2011: IPC real ano anterior + 1%
Ano 2012: IPC real ano anterior + 1%
Artigo 12°.- REMUNERACIÓN ANUAL
Na segunda columna da Táboa Salarial anexa detállanse os salarios no seu cómputo anual, en función da xornada efectiva pactada no presente Convenio.
Artigo 13°.- REVISIÓN ECONÓMICA
A Comisión paritaria reunirase, unha vez coñecido o dato do IPC do ano anterior, e antes do 31 de xaneiro de cada ano, para proceder á sinatura e publicidade das táboas salariais correspondentes a cada ano de vixencia do convenio, segundo o acordado no artigo 11º do mesmo.
Establécese un complemento persoal de antigüidade para todas as categorías, consistente en bienios por un importe do cinco por cento do salario base, a devengar dende o día primeiro do mes no que se cumpra o bienio.
A acumulación dos incrementos por antigüidade non poderá supoñer máis do 10 por 100 do salario base aos cinco anos, do 25 por 100 aos quince anos, do 40 por 100 aos vinte anos, e do 60 por 100, como máximo aos vinte e cinco anos ou máis.
Artigo 15°.- GRATIFICACIÓNS EXTRAORDINARIAS E PARTICIPACIÓN EN BENEFICIOS
O persoal ao servizo das Empresas afectadas por este Convenio, percibirá tres gratificacións extraordinarias cada ano: unha no mes de xuño, outra no mes de setembro, e a terceira no mes de decembro. O importe de cada unha delas será dunha mensualidade de salario base máis antigüidade.
Así mesmo, e en concepto de participación en beneficios, o persoal percibirá outra paga máis no mes de marzo de cada ano, calculada de igual xeito que as anteriores.
O persoal que ingrese ou cese na Empresa durante o transcurso do ano, percibirá as gratificacions extraordinarias e a participación en beneficios en proporción ao tempo traballado.
Os traballadores ou traballadoras que, polos conceptos anteriores, veñan percibindo das Empresas o importe correspondente a unha mensualidade do seu salario real seguirán excepcionalmente coas mesmas condicións por ter caráctermáis benefícioso.
En calquera suposto de baixa por Incapacidade Temporal, as Empresas afectadas por este Convenio, estarán obrigadas a aboar ao traballador ou traballadora nesta situación o 100% do salario que lIe corresponde no momento de producirse a baixa.
Artigo 17°.- DIETAS E DESPRAZAMENTOS
As dietas para o persoal que, en razón dos métodos de organización das Empresas, deba efectuar saídas fóra do municipio no que estea establecido o centro de traballo, quedan establecidas da seguinte maneira:
Media dieta. Fíxase na contía de 12 , para todas as categorías.
Dieta completa. Fíxase na contía de 20 , para todas as categorías. En caso de necesidade de pasar a noite fóra do seu domicilio, o aloxamento será por conta da empresa, en Hotel de 3 estrelas.
Nos desprazamentos que se efectúen en coche propio aboaranse 0,19 /km. ademais dos gastos de peaxe e aparcamento que se produzan.
As Empresas afectadas por este Convenio subscribirán pólizas de seguro colectivo en favor dos seus traballadores e traballadoras. Este seguro cubrirá como mínimo as seguintes garantías:
Morte ou Invalidez total ................................ 15.000
Invalidez absoluta ou Gran Invalidez ........... 21.000
Artigo 19°.- CADROS DE PERSOAL
As Empresas reguladas por este Convenio axustarán os seus cadros de persoal ás seguintes normas:
Os empregados ou empregadas que teñan directamente baixo a súa responsabilidade a quince ou máis traballadores/as dos grupos titulados administrativos ou técnicos, serán clasificados como Xefes Superiores.
En dependencias con dez ou máis traballadores/as dos grupos nomeados no apartado anterior, o empregado que se atope á fronte dos mesmos, terá a categoría de Xefe de Primeira.
Nos centros de traballo onde presten os seus servizos un número de sete traballadores/as dos grupos xa nomeados anteriormente ou, no suposto de que sendo menos de sete exista un mínimo de tres traballadores/as clasificados como Oficial ou asimilado, estará á fronte dos/as mesmos/as un/unha Xefe de Segunda.
Todas as empresas reguladas polo presente Convenio veñen obrigadas a dispoñer nos seus cadros de persoal, como mínimo dun número de oficiais de primeira igual ao vinte por cento do cadro de persoal total de oficiais.
A elección dos/as novos/as oficiais de primeira é facultade exclusiva do empresario. Para o seu cómputo, terase en conta a fracción decimal que supere o 0,50.
Os/as auxiliares administrativos/as con cinco anos de servizo nesta categoría dentro da empresa, pasarán automaticamente á categoría de oficial de segunda administrativo.
O/A Auxiliar especialista de oficios con máis de TRES anos de antigüidade na súa categoría dentro da empresa, será ascendido automaticamente á categoría de calcador.
Os/as cobradores/as ao cumprir dez anos de antigüidade na súa categoría dentro da empresa, asimilaranse exclusivamente a efectos económicos aos/as oficiais de segunda administrativos.
Artigo 21°.- DEREITOS SINDICAIS
En todo o que atinxe aos aspectos sindicais dentro e fóra das empresas, estarase ao que sobre esta materia dispón o vixente texto refundido da lei do Estatuto dos Traballadores e a lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de Liberdade Sindical.
Artigo 22°.- REVISIÓNS MÉDICAS
Todas as Empresas vinculadas ao presente Convenio Colectivo, estarán obrigadas a solicitar do Gabinete Técnico provincial do Servizo Social de Hixiene e Seguridade no traballo de Rande, ou á Mutua Patronal que cubra o risco de accidentes de traballo, un recoñecemento médico anual para todo o persoal.
O tempo empregado para o mencionado recoñecemento será aboado pola empresa.
Artigo 23°.- PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Será obrigatoria a utilización en todos os ordenadores, de filtros ou monitores que cumpran a normativa vixente.
As mulleres embarazadas estarán exentas de traballos continuados nas fotocopiadoras.
Artigo 24°.- CONCILIACIÓN EIGUALDADE
Para asegurar a igualdade de trato e oportunidades entre homes e mulleres, as partes afectadas polo presente convenio colectivo, fixan os seguintes obxectivos:
Eliminación de calquera desigualdade no seo da empresa entre mulleres e homes, para o cal se pretende establecer medidas de acción positiva que permitan superar as actitudes e estereotipos sociais existentes sobre as mulleres, garantindo a igualdade nas condicións de partida.
Eliminar todos aqueles obstáculos (discriminacións directas e indirectas) que poidan impedir ou dificultar ás mulleres acceder a determinados postos de traballo en iguais condicións que os homes (postos de responsabilidade, categorías profesionais...), así como a eliminación de barreiras que podan causar discriminación salarial.
Dar oportunidade ás mulleres para que se poidan situar nun plano de igualdade real respecto dos homes.
Establecer medidas que garantan a dignidade persoal e profesional de mulleres e homes.
Para conquerir os devanditos obxectivos, crearase unha Comisión de Igualdade de Oportunidades, no seo da comisión paritaria, e regrada por esta mesma, ao fin de desenvolver as seguintes accións:
Participación na elaboración, no seu caso, dos plans de igualdade e realizar o seguimento dos mesmos, detectando e corrixindo as diferentes situacións de discriminación que se estean producindo, realizando para elo un diagnóstico inicial da realidade da empresa, que sirva de punto de referencia para establecer o posterior seguimento e comparación de situacións do mesmo. Igualmente darano a coñecer a todo o persoal.
Habilitar o procedemento adecuado para recibir información sobre posibles tratos discriminatorios.
Identificar ámbitos prioritarios de actuación.
Promover a implantación de accións positivas que fagan desaparecer as discriminacións encubertas (en materia de acceso ao emprego, promoción, formación, retribución, condicións de traballo, conciliación da vida familiar e laboral, saúde).
Promover accións formativas e de sensibilización que animen ao persoal a participar na igualdade de oportunidades.
Intervención nas situacións de conflito que poidan suscitarse por casos de discriminación.
Proporcionar información ao persoal en relación con formación, promoción, vacantes, postos de nova creación, iniciativas...
Habilitar procedementos de intervención internos ante o acoso sexual e casos de discriminaclón.
As condicións pactadas neste Convenio forman un todo orgánico e indivisible e, polo tanto, absorberán e compensarán no seu conxunto as melloras de calquera tipo que viñeran anteriormente satisfacendo as empresas, ben sexa por imperativo legal, Convenio Colectivo, etc...
Como se di no artigo anterior, as condicións establecidas no presente Convenio e pactadas polas partes deliberantes do mesmo, forman un todo orgánico e indivisible. En consecuencia, non poderá pretenderse a aplicación de unha ou varias normas con esquecemento das restantes, senón que a todos os efectos o presente Convenio haberá de ser aplicado e observado na súa integridade.
No suposto de que a Autoridade laboral ou Xurisdición competente, no exercicio das súas facultades, declarase nulo total ou parcialmente algún artigo, quedará o presente Convenio invalidado na súa totalidade, levándose a cabo unha nova negociación.
O texto aprobado foi en lingua galega e será este o que sirva de base para calquera interpretación ou aclaración da Comisión Paritaria.
A Comisión deliberante do Convenio, non obstante o anterior, acorda publicalo de xeito bilingüe: galego e castelán.
Ao non establecido de maneira expresa no presente Convenio, Ile será de aplicación o texto refundido da lei do Estatuto dos Traballadores.
CATEGORÍAS |
Salario Base Mensual |
Remuneración Anual 16 pagas |
GRUPO I - PERSOAL TITULADO |
|
|
Titulado/a de Grao Superior. |
1.011,37 |
16.181,92 |
Titulado/a de Grao Medio. |
913,05 |
14.608,80 |
GRUPO II - PERSOAL ADMINISTRATIVO |
|
|
Xefe/a Superior. |
913,05 |
14.608,80 |
Xefe/a de Primera - 1ª. |
900,22 |
14.403,52 |
Xefe/a de Segunda - 2ª., Caixeiro/a con firma, Xefe/a de reporteiros/as, Tradutor/a e Intérprete xurado de máis dun idioma. |
871,16 |
13.938,56 |
Oficial/a de 1ª., Caixeiro/a sen firma, Intérprete xurado dun idioma, Operador de Máquina contables, Taquimecanógrafo/a, Telefonista y Recepcionista con máis de dous idiomas, Inspector de zona. |
801,92 |
12.830,72 |
Oficial de 2ª., Telefonista e Recepcionista cun idioma, Reporteiro/a de axencia de Información, Tradutor/a e Intérprete non xurado, Xefe/a de visitadores/as. |
761,74 |
12.187,84 |
Auxiliar administrativo/a, Telefonista, Visitador/a, Cobrador/a, Pagador/a |
690,78 |
11.052,48 |
GRUPO III - PERSOAL TÉCNICO DE OFICINA |
|
|
Xefe/a Superior. |
913,05 |
14.608,80 |
Xefe/a de 1ª, Xefe/a de equipo de Informática, Analista, Programador/a de ordenadores |
900,22 |
14.403,52 |
Xefe/a de 2ª, Xefe/a de delineación, Xefe/a de explotación, Programador/a de máquinas auxiliares, Administrador/a de test, Coordinador/a de tratamento de cuestionarios |
871,16 |
13.938,56 |
Xefe/a de equipo de enquisas, Coordinador/a de estudos |
858,35 |
13.733,60 |
Delineante proxectista. |
808,77 |
12.940,32 |
Debuxante proxectista, Controlador/a, Operador/a de ordenadores. |
801,92 |
12.830,72 |
Delineante. |
761,74 |
12.187,84 |
GRUPO IV - ESPECIALISTAS DE OFICINA |
|
|
Xefe/a de máquinas básicas. |
871,16 |
13.938,56 |
Operador/a de tabuladores, Inspector/a de entrevistadores/as, Encargado/a dpto. de reprografía |
801,92 |
12.830,72 |
Operador/a de máquinas básicas, Debuxante, Entrevistador/a-Enquisador/a |
761,74 |
12.187,84 |
Calcador/a, Perforista, Verificador/a, Clasificador/a |
704,45 |
11.271,20 |
Auxiliar. |
661,71 |
10.587,36 |
GRUPO V - PERSOAL SUBALTERNO |
|
|
Conserxe maior |
704,45 |
11.271,20 |
Conserxe |
676,26 |
10.820,16 |
Ordenanza, Vixilante |
661,71 |
10.587,36 |
GRUPO VI - PERSOAL DE OFICIOS VARIOS |
|
|
Encargado/a almacén |
761,74 |
12.187,84 |
Oficial/a de 1ª, Conductor/a de 1ª. |
733,54 |
11.736,64 |
Oficial/a de 2ª, Conductor/a de 2ª. |
704,45 |
11.271,20 |
Axudante/a, Operador/a reproductor/a de planos, Operador/a multicopista e xerocopista |
676,26 |
10.820,16 |
Peón, Mozo/a, Persoal de limpeza xornada completa |
661,71 |
10.587,36 |
2024 © CCOO SERVICIOS. Aviso Legal | Contacto