CCOO denuncia «explotacion laboral» no Froiz de Noia
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia denuncia «explotación laboral» no supermercado Froiz de Noia, situado na rúa Galicia. O sindicato puxo en coñecemento da Dirección da empresa e da autoridade laboral que se realizan xornadas de ata trece horas, cando o máximo legal son nove.
Asinado un acordo no CTAG que mellora as condicións respecto do convenio estatal de enxeñarías
O comité de empresa do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), presidido por CCOO, asinou coa dirección un acordo que mellora as condicións laborais en relación co vixente convenio colectivo estatal de enxeñarías. O pacto contou co apoio unánime de todos os integrantes do comité, composto por dez membros de CCOO, cinco independentes e dous da CIG.
CCOO acada a maioría absoluta no comité de Office Depot (Ourense)
O pasado xoves, 11 de xaneiro, celebráronse as eleccións na empresa OFFICE DEPOT Ourense obtendo un total de catro delegadas e delegados dun total de cinco.
Estas eleccións corresponden ao personal de trababalladores e traballadoras de Office Depot, empresa adicada a distribución de material de oficina.
CCOO, a pesar de non ter representación nesta empresa, non deixou de estar a o lado dos traballadores e traballadoras e apoialos cando así nolo solicitaron. Agora eles devolvenronnos esa confianza sobradamente.
CCOO Servizos quere amosar o seu agradacemento a todas as persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a sua confianza en Comisións Obreiras.
CCOO Servizos quere dar tamén os parabéns a todos os traballadores e traballadoras mostrando o noso compromiso para levar a cabo o mellor traballo posible en defensa dos intereses de todo o persoal.
CCOO Servizos acada representatividade no primeiro comité de Ideal Call (Coruña)
Convenio Bingo Galicia. Convenio colectivo das empresas organizadoras do xogo do bingo
RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do Convenio colectivo das empresas organizadoras do xogo do bingo.