¿Defender tus derechos?

Defiende tus derechos.  Afíliate a CCOOAcceso a Zona afiliacion

Consultas Laborales

Consultas laborales más frecuentes. Si no la encuentras, pregúntanos.

Convenios Colectivos

Convenios Colectivos aplicables en Galicia


Exercicio do dereito a voto das persoas traballadoras. Eleccións ao Parlamento de Galicia 25-S

Adxunto enlazamos o contido da Orde que regula o exercicio do dereito a voto das persoas traballadoras por conta allea que, ou non gocen ese día do seu descanso semanal ou interveñan no proceso electoral. Aquí


A Federación de Servizos convoca a unha asemblea aos seus delegados das comarcas de Santiago-Barbanza

Coa finalidade de expoñer a situación actual da Federación de Servizos de Galicia aos delegados das comarcas de Santiago-Barbanza, convócase unha asemblea que terá lugar o próximo 26 de setembro ás 11:00 na sala de prensa do Edificio do Sindicato Nacional en San Lázaro (Santiago), Rúa Miguel Ferro Caaveiro, 8.


A Federación de Servizos convoca a unha asemblea aos seus delegados das comarcas de A Coruña e Ferrol

Coa finalidade de expoñer a situación actual da Federación de Servizos de Galicia aos delegados das comarcas de A Coruña e Ferrol, convócase unha asemblea que terá lugar o próximo 21 de setembro ás 11:00 no salón de actos do Edificio Sindical de A Coruña, Av. Alfonso Molina, km 2, planta baixa.


Seguen a precarizarse as condicións de traballo e a favorecerse á gran distribución en detrimento do pequeno comercio

Carta á Xunta de Galicia rexeitando a apertura de domingos e festivos no Comercio Galego

A continuación detallamos unha copia da carta remitida á Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia rexeitando as aperturas en domingos e festivos, aquí


A Patronal segue enrocada nas súas posicións lesivas para os traballadores

Nova reunión do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña

 O mércores 6 de setembro mantivemos unha nova reunión do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña.

O punto primordial da reunión era pedir que a patronal clarificase a pseudo-plataforma que entregou na reunión anterior que non detallaba as pretensións que tiña respecto a cada un dos apartados negociables: salarios, xornada, contratación, etc.

Unha vez detallada a Plataforma Patronal, xa nos queda clara a súa intención de modificar todos os aspectos do convenio. Poñemos como exemplo das súas pretensións as seguintes:


Xuntanza da estrutura da Federación de Servizos de Galicia coa nova Dirección Provisional

Despois da disolución da anterior executiva da Federación de Servizos de Galicia, hoxe martes, seis de agosto celebrouse unha xuntanza en Santiago á cal asistiu a estrutura cos integrantes da Dirección Provisional.

Tratáronse diversos temas, entre os cales están a situación da Federación, a atención sindical e a organización do traballo ata o Congreso da Federación que se celebrará o próximo quince de marzo.

Na imaxe, e de esquerda a dereita, algúns dos integrantes da Dirección Provisional: Alejandro Salvador (apoio Organización), Benito Gutiérrez (presidente da Dirección Provisional), Francisco Villares (responsable de Organización) e Raquel Blanco (apoio Acción Sindical).



Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones