Concentración en A Coruña polo Convenio Colectivo de Contact Center
Enmarcada na convocatoria de concentracións en todo o Estado, hoxe xoves 15 de setembro, manifestámonos na Coruña, a carón do Obelisco por:
-
Un salario digno
-
Estabilidade e seguridade laboral
-
Finalización da precariedade
-
Cumprimento da lei
-
Limitación das subcontratas
-
Desenvolvemento da igualdade e conciliación
Despois de dous anos negociando, a patronal ignora as propostas presentadas.
Exercicio do dereito a voto das persoas traballadoras. Eleccións ao Parlamento de Galicia 25-S
Adxunto enlazamos o contido da Orde que regula o exercicio do dereito a voto das persoas traballadoras por conta allea que, ou non gocen ese día do seu descanso semanal ou interveñan no proceso electoral. Aquí
A Federación de Servizos convoca a unha asemblea aos seus delegados das comarcas de Santiago-Barbanza
Coa finalidade de expoñer a situación actual da Federación de Servizos de Galicia aos delegados das comarcas de Santiago-Barbanza, convócase unha asemblea que terá lugar o próximo 26 de setembro ás 11:00 na sala de prensa do Edificio do Sindicato Nacional en San Lázaro (Santiago), Rúa Miguel Ferro Caaveiro, 8.
A Federación de Servizos convoca a unha asemblea aos seus delegados das comarcas de A Coruña e Ferrol
Coa finalidade de expoñer a situación actual da Federación de Servizos de Galicia aos delegados das comarcas de A Coruña e Ferrol, convócase unha asemblea que terá lugar o próximo 21 de setembro ás 11:00 no salón de actos do Edificio Sindical de A Coruña, Av. Alfonso Molina, km 2, planta baixa.
Carta á Xunta de Galicia rexeitando a apertura de domingos e festivos no Comercio Galego
A continuación detallamos unha copia da carta remitida á Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia rexeitando as aperturas en domingos e festivos, aquí