¿Defender tus derechos?

Defiende tus derechos.  Afíliate a CCOOAcceso a Zona afiliacion

Consultas Laborales

Consultas laborales más frecuentes. Si no la encuentras, pregúntanos.

Convenios Colectivos

Convenios Colectivos aplicables en Galicia


CCOO logra constituir as mesas de igualdade no Grupo Inditex

Inditex

CCOO veu  impulsado que todas as empresas do Grupo Inditex puxesen en marcha o comezo da renovación e negociación dos plans de igualdade, como garantía de dereitos e oportunidades para as mulleres no ámbito laboral. A Federación de Servizos de CCOO aborda a negociación de cinco Plans de Igualdade do Grupo Inditex: Pull&Bear, Bershka, Oysho, Zara, que renovan o I Plan de Igualdade, que xa chegaran ao final da súa vixencia e o I Plan de Igualdade en Kiddy´s Class.


Plenario Extraordinario da Sección Sindical CCOO Santander e integración da Sección Sindical Grupo Banco Popular en Galicia

Dacordo co disposto nas normas do Plenario Extraordinario da SSE Banco de Santander e Integración da SSE Banco popular os afiliados de Banco Santander e Banco Popular están convocados ás Asembleas Provinciais que levarán a cabo nas seguintes datas e lugares: 


 

Data

Lugar

Hora

A Coruña

09/05/2018

Avenida de Alfonso Molina Km. 2, Edificio Sindicatos, 4ª planta, A Coruña

16:30 a 20:30

Lugo

10/05/2018

Ronda da Muralla, nº 58, Edificio Sindicatos, Bajo , Lugo

16:30 a 20:30

Ourense

07/05/2018

Parque de San Lázaro, 12, Edificio Sindicatos, 3ª Planta, Ourense

16:30 a 20:30

Pontevedra

08/05/2018

As Teixugueiras, nº 11 -Entreplanta (Polígono de Navia), Vigo

16:30 a 20:30

 

 

En ditas asembleas debaterase o documento de Relatorio, así como procederase á votación da delegación que asistirá, por cada provincia, ao Plenario Extraordinario da Sección Sindical CCOO Santander e integración da Sección Sindical Grupo Banco Popular en Galicia.


CCOO Servizos obtén toda a representatividade nas eleccións de Novotec A Coruña

Eleccións novotec

O pasado 13 de abril celebráronse eleccións na empresa Novotec Consultores na Provincia de Coruña, obtendo un total de teres das tres delegadas de persoal elixibles.

Novotec pertence ao grupo APPLUS e adícase a  desenvolver solucións integrais nas áreas de xestión de calidade e procesos, medio ambiente e sostibilidade, seguridade e saúde laboral.

CCOO Servizos quere amosar o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza en Comisións Obreiras. Grazas á confianza depositada en nós, pasamos de ter dúas delegadas de persoal no anterior proceso electoral a obter tres delegadas nestas eleccións.

CCOO Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e traballadoras amosando o noso compromiso para levar a cabo o mellor traballo posible en defensa dos intereses de todo o persoal.


Dúas sentenzas en Paradores dan a razón a CCOO en senllos conflitos colectivos

Paradores: Sentenzas sobre vacacións en Villalba e modificación de quendas a persoal do departamento de pisos en Monforte

Parador Vilalba

Dúas sentenzas en Paradores dan a razón a CCOO en senllos conflitos colectivos, un no Parador de Vilalba sobre fixación de vacacións por peche temporal do Parador e o outro no Parador de Monforte por modificación de quendas ao persoal do departamento de pisos.


Masivo seguimento dos paros de dúas horas, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Tamén participación masiva nas mobilizacións

CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións

8M Galicia

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodía (das 12:00 ás 14:00). 


Delegadas e delegados de CCOO reparten un comunicado nos centros de traballo do Corte Inglés

8M no Corte Inglés

CCOO Corte Inglés

Con motivo da folga convocada para o día 8 de marzo volvemos a ver que Fetico e Fasga continúan facendo o mesmo papel, seguidismo da patronal e das empresas, tentando desprestixiar unha mobilización histórica e necesaria.

Non imos perder nin un minuto en responder aos argumentos tan absurdos que utilizaron na reunión extraordinaria do Corte Inglés de Vigo, que se celebrou neste centro o día 22 de febreiro. Non recoñecen, e parece non preocuparlles moito, os problemas reais que sufrimos as mulleres, tamén nesta empresa. Imos explicarvos os motivos que nos levaron a convocar esta mobilización.

As CCOO estivemos sempre en primeira liña na loita polos dereitos das mulleres e pola igualdade. Quixemos protagonizar unha mobilización laboral sen precedentes na historia do movemento sindical e feminista en España.

Por que CCOO pode convocar unha folga xeral? Porque é a primeira organización sindical neste país e formamos parte de organizacións sindicais internacionais.

Sobran os motivos:

  • Os contratos de semanas ou meses recaen maiormente nas mulleres, as cales están a traballar con xornadas con menos horas.
  • As pensións son un 37% máis baixa para as mulleres.
  • No 2017 foron asasinas 49 mulleres e 8 nenas e nenos por violencia machista.
  • A brecha salarial segue aumentando en todos os sectores do noso país, en traballo de igual valor as mulleres cobran ata un 30% menos que os homes.
  • Os coidados recaen maioritariamente sobre nós, e 9 de cada 10 permisos ou excedencias recaen sobre as mulleres.
  • Cantas mulleres están a traballar nos departamentos de loxística? E na liña de caixas?
  • E cantas de directoras de centros? Teñen o mesmo porcentaxe de presenza na empresa?
  • Realmente cremos que a igualdade efectiva e real chegou por asinar un acordo ou non? queda moito camiño por andar.

Por todo isto cremos que unha folga de 2 horas por quenda de traballo é a forma máis eficaz para conseguir este obxectivo. Tamén, porque é a menos gravosa para o conxunto das persoas traballadoras, ao supor un menor prexuízo económico.

Todos os traballadores e traballadoras teñen dereito á folga, é un dereito recoñecido pola Constitución a todas as persoas traballadoras, e están cubertas pola convocatoria xeral. Por tanto, non hai que notificalo, nin preavisar a intención de secundar a folga. Doutra banda, a empresa tampouco debería preguntar aos seus traballadores e traballadoras se acudirán a traballar ou non, xa que podería considerarse un intento de coacción, algo perseguido pola lei.

Ao tratarse dunha folga ou paro de 2 horas, o desconto salarial será de dúas horas incluíndo a parte proporcional das pagas extraordinarias.


Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones