Archivado en
CCOO gaña en Teleperformance-A Coruña
A Federación de Servizos de CCOO gañou as eleccións sindicais en Teleperformance no seu centro de traballo da Coruña. Das 17 delegadas e delegados que se elixían, a candidatura de Comisións conseguiu sete, fonte a seis da UGT e catro da CIG.
O sindicato sobe de segunda a primeira forza na división coruñesa dunha das principais empresas do sector da telemercadotecnia do estado, pois hai catro anos conseguira cinco representantes no comité fronte a seis da CIG e outros tantos da UGT.
No ámbito estatal, CCOO continúa sendo o primeiro sindicato da empresa, de aí que a sección sindical desta organización lles agradeza aos traballadores e traballadoras a confianza depositada e se comprometa a seguir traballando «con responsabilidade e compromiso» para mellorar as condicións laborais.
Na Coruña, Teleperformance dá traballo a 680 persoas e presta servizos a empresas como Gas Natural Fenosa, R Cable, Iberdrola, Generali Seguros ou Purificación García.
Acuerdo de Tarifas y Servicios Bancarios para la Plantilla del BBVA
Delegados y Delegadas de Prevención de Riesgos Laborales en Tecnocom
Decisiones difíciles de entender
Plan de movilidad P.I. Can Sant Joan
La dirección de la Paradores anula la posibilidad de JUBILACIONES PARCIALES AL 75% para los años 2022 y posteriores.
Entra en vigor la ley que regula el teletrabajo: qué cambia a partir de ahora









