A
Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia, en aplicación dos
acordos da Sección Sindical Estatal de ALCAMPO sobre a
renovación dos órganos de dirección da sección sindical, convoca
mediante a presente as seguintes asembleas de afiliados e afiliadas
de CCOO en Alcampo de todos os centros en Galicia:
CENTRO/PROVINCIA
|
FECHA
|
LUGAR
|
HORARIOS
|
ALCAMPO
VIGO
|
18/10/2016
|
As
Teixugueiras, 11
Local
CCOO(Vigo)
|
15:30 - 17:30
|
ALCAMPO
VIGO II
|
18/10/2016
|
AV
Madrid, s/n (Vigo)
|
13:00 - 15:00
|
ALCAMPO
A CORUÑA
|
19/10/2016
|
Alfonso
Molina, km.2 Planta 4
Local
CCOO(A Coruña)
|
13:00
- 17:00
|
ALCAMPO
FERROL
|
18/10/2016
|
Pol. De A Gándara s/n Ferrol(Coruña)
|
12:00 - 16:00
|
ALCAMPO
SANTIAGO
|
19/10/2016
|
Alfonso
Molina, km.2 Planta 4
Local
CCOO(A Coruña)
|
13:00
- 17:00
|
Con
estas asembleas de afiliados e afiliadas preténdese elixir á
representación provincial que corresponda para celebrar un Plenario
de afiliados e afiliadas a nivel rexional, o próximo 24 de outubro
en Santiago de Compostela, onde se acorde como se pode organizar a
sección sindical en Galicia, se debata sobre os documentos do
plenario estatal, e se escollan catro representantes para acudir ao
plenario estatal da sección sindical de CCOO en Alcampo.
Para
máis información sobre este proceso, podes consultar a seguinte
ligazón e/ou consultar cos teus delegados/as de CCOO no teu centro
os documentos do plenario estatal, aos efectos de efectuar as achegas
que se consideren oportunas.
Para
calquera dúbida respecto diso quedamos á túa disposición no
enderezo de correo electrónico:
direccionprovisional.galicia@servicios.ccoo.es
Atentamente.
CCOO
Servizos Galicia
Normas Plenario Alcampo Galicia GL Normas Plenario Alcampo Galicia ES
Concentracións en todo o estado rexeitando un ERE salvaxe
O pasado 15 de setembro a dirección do Grupo Banco Popular anunciou un proceso de reestruturación que terá como resultado o espedimento Colectivo de 2.900 traballadores e traballadoras dos Bancos Popular e Pastor e o peche de 300 oficinas , en todo o Estado. A repercusión esta medida en Galiza será importante, na medida en que as 435 persoas afectadas supoñen o 25% do cadro de persoal destes dous bancos. Hoxe os traballadores saíron á rúa en Santiago.
Continúan as mobilizacións
O seis de outubro
estaba convocada unha folga, así como unha manifestación en A Coruña ás 20:00
a prol dun Convenio xusto para o sector de Contact Center. As rúas
enchéronse de traballadoras e traballadores reclamando
unhas condicións de traballo dignas. CCOO e UGT cifran entre un 65% e un 75% o seguimento da folga.
A negociación do
novo Convenio Sectorial de Contact Center leva atrancada 20 meses a
pesar de que desde CCOO se expuxeron multitude de propostas para
chegar a un acordo.
Máis imaxes aquí e aquí
INICIO DE MOBILIZACIÓNS CONTRA O ERE: ESPERÁMOSTE
O próximo día 6 de
outubro o Banco citou a toda a Representación Legal dos
Traballadores, RLT, para iniciar formalmente o período de consultas
que marca o artigo 51 do Estatuto dos Traballadores sobre o
DESPEDIMENTO COLECTIVO anunciado. Previsiblemente, na mesma data o
Banco presentará oficialmente á autoridade laboral a súa proposta
para o DESPEDIMENTO de 3.000 PERSOAS, E A PERDA DE 3.000 POSTOS DE
TRABALLO!!!
Previamente, toda a Representación Legal dos Traballadores fixemos propostas de flexibilidade interna durante o período
establecido no artigo12 do vixente Convenio Colectivo de Banca para
que a presentación deste SALVAXE ERE non se materializase, ao cal a
empresa fixo oídos xordos.
Como primeira medida, aproveitando a reivindicación do Día Mundial por un TRABALLO DIGNO E CON DEREITOS, que se celebra esta mesma semana, e dado que a PERDA E DESTRUCCION DE 3.000 POSTOS DE TRABALLO é unha das máximas antíteses desta reivindicación, toda a representación sindical -excepto SEGRUPO- axuntamos forzas e imos mobilizarnos nas manifestacións e concentracións convocadas en todos os territorios para manifestar o noso rexeitamento a este DESPEDIMENTO COLECTIVO.
Máis información:
Desde CCOO instamos a todas as persoas que traballan no Grupo Banco Popular, familias, amigos, etc para que participen nestas mobilizacións. Cantos máis sexamos, mellor.
- DIA 8 DE OUTUBRO: 12.00 h Concentración diante da OP do B. Pastor en Santiago
12.30 h. Concentración diante da OP del B. Popular, tamén en Santiago
13.00 h. Asemblea de traballadores na Praza do Toural
- DIA 13 DE OUTUBRO: De 18.00 a 19.00 horas Concentración de
traballadores e traballadoras na OP do Banco Pastor, Cantón Pequeno, 1 de A Coruña.
- DIA
20 DE OUTUBRO: De 18.00 a 19.00 horas. Concentración de traballadores e traballadoras na OP do Banco Popular, c/Policarpo Sanz, 23 de Vigo.
Hoxe, 29 de setembro, nova convocatoria
Encadrado no calendario de mobilizacións para desbloquear o Convenio do sector, os traballadores e traballadoras do Sector de Contact Center mobilízanse a traveso de paros parciais e concentracións en Vigo, Lugo e Coruña.
Recordamos que a negociación do novo Convenio leva atrancada 20 meses a pesar de
que desde CCOO se expuxeron multitude de propostas co fin de chegar a un
acordo coa patronal.
Con todo, para esta hai tres
escollos fundamentais. O tema salarial, onde CCOO pide que a subida de
2016 sexa desde o 1 de xaneiro, non desde firma de convenio; a
subcontratación por ETT's ou Multiservicios, onde o sindicato quere
equiparar os seus dereitos laborais; e outro escalado de horas médicas,
un tema no que CCOO propón que se inclúa o acompañamento até os 14 anos.
Vídeo:
27 de Setembro, Día Mundial do Turismo 2016
Hoxe, 27 de setembro celébrase o Día Mundial do Turismo 2016. Por iso CCOO, UGT e varias asociacións profesionais organizan un día de mobilización en todo o estado para denunciar a situación dos traballadores do sector: explotación laboral, baixos salarios, inseguridade no traballo, a falta de negociación colectiva sectorial e aumento da externalización, a fin de non aplicar os acordos colectivos sectoriais para rebaixar salarios en preto de 40%, como no caso das camareiras de piso.
Este movemento reivindica o dereito a condicións de traballo dignas, emprego estable e con dereitos, o recoñecemento da profesionalidade e conseguir o relanzamento da negociación colectiva para recuperar os dereitos e o poder adquisitivo dos salarios, para reverter a externalización e obter o recoñecemento das enfermidades profesionais. En definitiva loitar por un emprego decente e un salario para deixar de ser "A CARA B DO TURISMO EN ESPAÑA". Porque o plantel do sector turístico ten pouco que celebrar e moito que reclamar.
Segundo os datos de CCOO, os datos dos primeiros oito primeiros meses do ano amosan unha recuperación da actividade turística. Por exemplo, o número de visitantes a Galicia aumentou un 5,45 % e o de pernoitas incrementouse o 6,89 % respecto do 2015. Con todo, esta aparente bonanza non se traduciu na mesma medida no número de empregos xerados, que só medrou un 2,52 %, e «aínda por riba» máis do 90% das contratacións son eventuais.