CCOO Servizos gaña as eleccións celebradas en Ourense GRUPO CUEVAS
CCOO Servizos gaña as eleccións por segunda vez consecutiva en Ourense Grupo Cuevas con 9 representantes. Nesta ocasión unha parte da candidatura da CIG se integrou na de CCOO polo que esta última foi a única presentada.
Agradecemos a participación e a confianza posta na candidatura de CCOO
2015 |
2011 |
|
CCOO |
9 |
9 |
CIG |
- |
0 |
CCOO Servizos gaña as eleccións en A Coruña MUTUA UNIVERSAL
CCOO gaña as eleccións celebradas o día 17 de dicembro no centro de traballo de A Coruña de Mutua Universal. CCOO pasa de non ter ningún representante, a unha delegada.
Parabéns para a nosa nova delegada Teresa. Dende CCOO queremos agradecer ás traballadoras/es de Mutua Universal, a confianza depositada na nosa organización.
De novo o 17 de decembro: #StopEreTragsa - 1.336 Despidos
De novo, día 17 de decembro voltamos a saír á rúa, diante do Parlamento de Galicia, para denunciar un ERE que ameaza a 1.336 posto de traballo.
O 14 de outubro de 2015, a Sala do Social do Tribunal Supremo declarou axustado a dereito o ERE presentado polo Grupo Tragsa en contra do sentenciado pola Audiencia Nacional, que o declarara nulo por tres causas diferentes, permitindo así que a compañía poida despedir ata 1336 compañeiras e compañeiros (117 en Galicia).
CC.OO. Servizos gaña as eleccións sindicais en SANTIAGO ALTIA CONSULTORES
CC.OO. acada a maioría nas eleccións celebradas hoxe no centro de
traballo de Santiago Altia Consultores. Dos 9 representantes elixidos 6
son de CC.OO. e 3 de UGT.
CC.OO. pasa de 3 a 6 representantes, UGT
de 2 a 3 e CIG non logra presentar candidatura a pesar de ter a maioría
no anterior comité con 4 representantes.
Resultado que o sindicato entende como un recoñecendo das traballadoras e traballadores da empresa ó traballo realizado por CCOO. que ademais é o primeiro sindicato do Sector na Comarca.
Desde CCOO queremos agradecer ás traballadoras e
traballadores de Santiago Altia Consultores a confianza depositada nesta
organización.
|
2015 |
2011 |
CCOO |
6 |
3 |
UGT |
3 |
2 |
CIG |
0 |
4 |
STOP ERE en TRAGSA - 1.336 Despidos - #StopEreTragsa
De novo saímos á
rúa o 2 de decembro diante do Parlamento de Galicia. Manifestámonos
contra o maior #Ere no sector público a pesar de levar 35 anos
consecutivos dando beneficios.
Segue en tempo real de 12:00 a 13:00 a concentración en Twitter @ServizosCCOO
Tamén en Facebook: https://www.facebook.com/ServizosCCOOO
O pasado 25 de novembro :