8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres
Hoxe en día, ter un traballo e un salario non garante unhas mínimas condicións de vida porque os ingresos non abondan para cubrir as necesidades básicas das mulleres. Esta realidade, xunto coa destrución de emprego, o traballo a tempo parcial, a eventualidade e a segregación ocupacional, configuran un panorama no que é difícil pensar sequera en ter fillas ou fillos. Galicia despobóase, a media de idade aumenta. Galicia empobrécese porque as mulleres se empobrecen, vítimas da precariedade. Son imprescindibles políticas públicas que creen emprego de calidade e que corrixan con efectividade a desigualdade. Mentres non se actúe nesa dirección, as galegas seguirán abocadas á pobreza e á emigración. Segue
Concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva
UGT-Galicia e o S. N. de CCOO de Galicia convocaron para hoxe mércores, día 22 de febreiro, concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva. Os sindicatos lembran que o actual escenario económico vén definido polo continuo do crecemento do produto interior bruto, un 3,3 en Galicia en 2016 e uns prognósticos de aumento para 2017 do 2,4 %. CCOO e UGT entenden que esta incipiente recuperación da economía se debe traducir nunha mellora, tamén, do poder adquisitivo dos salarios, desvalorizados tras máis de oito anos de crise.
O dereito a gañar o mesmo
Cando falamos de brecha salarial nosa cabeza vai a "as mulleres cobran menos que os homes por igual traballo" exclusivamente, sen mirar outros factores que inflúen directamente nesta diferenza.
O primeiro que temos que reflexionar é que a brecha salarial é unha discriminación directa cara ao sexo feminino e vai aumentando coa idade. Que significa isto?, é ben sinxelo, a brecha salarial aumenta a medida que o fai a idade das traballadoras, e non deixa de crecer desde os 30 ata a idade de xubilación, o que terá consecuencias nas pensións do futuro. Ao chegar a idade de xubilación os homes cobrarán máis que as mulleres co que nos atopamos ante unha circunstancia tan real como denunciable e é o empobrecimiento da muller unha vez finalizada a súa etapa laboral
Publicado o Convenio Colectivo do Sector do Comercio Detallista Téxtil de Pontevedra
Podes consultar aquí o texto do Convenio Colectivo publicado no BOP.
Mobilizacións o día 19 en toda Galicia «por uns salarios e emprego dignos»
CCOO e UGT convocan mobilizacións nas principais cidades e vilas galegas (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) para o vindeiro domingo, día 19. Os sindicatos denuncian que, mentres soben os prezos, os salarios perden poder adquisitivo e aumenta a desigualdade.
-Santiago: 12 h, Alameda-Praterías
-Ourense: 12 h, ao redor da Subdelegación do Goberno
CONCENTRACIÓNS
-A Coruña: 12 h, Delegación do Goberno
-Ferrol: 12 h, edificio da Xunta
-Lugo: 12 h, Subdelegación do Goberno
-Pontevedra: 12 h, Subdelegación do Goberno
-Vigo: 11.30 h, museo MARCO