Plenario da Sección Sindical de CCOO Alcampo en Galicia
O luns 24 de outubro celebrouse o Plenario da Sección Sindical de CCOO Alcampo en Galicia. Nesta reunión decidiuse a elección do órgano de goberno da Sección Sindical de Alcampo Galicia, formado por tres persoas referendadas por unanimidade dos delegados e delegadas asistentes á reunión e coas seguintes designacións:
Secretario Xeral: Xoán Costas Alonso (Alcampo Vigo 2)
Comisión Executiva: Alejandro González Álvarez (Alcampo Coruña) e Montserrat Beceiro Couce (Alcampo Ferrol).
Desde a nova executiva, apóstase por dar un impulso á unidade de acción, cunha maior coordinación entre centros e comunicación aos afiliados.
Asemblea de traballadoras e traballadores de Comercio Alimentación de Pontevedra
Tal como adiantabamos o dezaoito de outubro, onte vintetrés, celebránronse asembleas de traballadoras e traballadores do sector Comercio Alimentación da Provincia de Pontevedra en Vigo, Pontevedra e Arousa. A finalidade destas convocatorias é expoñer a posición da Patronal, que se basea nunha rebaixa importante das condicións recollidas no actual Convenio así como as reivindicacións de mellora dos catro sindicatos presentes na mesa de negociación (CCOO, CIG, UGT e USO):
- Redución e mellora da distribución da xornada.
- Aumento e optimización dos períodos no disfrute das vacacións e licencias.
- Mellora salarial, inclusión de cláusula de revisión e incremento de pluses.
- Procedemento para conversión de contratos a tempo parcial a xornada completa
- Outros: Comisión Paritaria, período de vixencia, etc
Delegadas e delegados de Grupo Banco Popular concéntranse diante do Parlamento de Galicia no inicio da súa X lexislatura
Coincidindo co inicio da X lexislatura do Parlamento de Galicia, traballadoras e traballadores de Grupo Banco Popular manifestáronse para expresar o seu total rexeitamento ao ERE salvaxe que pretende levar a cabo o Banco.
O persoal de Blanco sae á rúa, tras racharen as negociacións do ERE
O persoal da téxtil coruñesa Blanco saíu hoxe á rúa para denunciar a súa
situación, tras racharen as negociacións do enésimo expediente de
regulación de emprego (ERE). Ademais de hoxe, haberá folga os días 28 de
outubro e 4 e 11 de novembro
Na multitudinaria protesta, as traballadoras e traballadores despregaron
pancartas con lemas como «non aos despedimentos», «Blanco vístenos de
negro», «Blanco, ERE que ERE», «Directiva, dimisión!», «peche tras
peche, Blanco morre» ou «basta de encher petos baleirando futuros».
Circular