Firmado o Convenio Colectivo de Comercio Retallista Téxtil de Pontevedra
O pasado día 29 de xullo asinamos o convenio de Comercio Retallista Téxtil da provincia de Pontevedra, nos termos establecidos no preacordo alcanzado na reunión anterior. Lembramos as melloras que se introduciron:
-
Vixencia para os anos 2016, 2017, 2018.
-
Incremento salarial:1.5% para cada un dos anos de vixencia, en tódolos conceptos económicos.
-
Cláusula de revisión para cada un dos anos de vixencia na diferenza entre o IPC real e o incremento establecido para este ano.
-
Créase un novo plus de traballo nas tardes do 24 e 31 de decembro consistente en un recargo de 5? sobre a hora efectiva traballada entre a partir das 16:00 horas.
-
Horas extraordinarias pasarán a aboarse cunha recarga do 100% do seu valor habitual.
-
Vacacións: disfrute entre os meses de maio a outubro. Se voluntariamente se disfrutan fóra deste período o dereito é a 31 días de vacacións e unha bolsa de 200?.
-
Amplíase a posibilidade de acollerse a excedencia por maternidade ata un máximo de 4 anos e co límite de idade do fillo o filla de cinco anos.
-
A póliza de seguro de vida pasa a ser de 20.000 ?.
-
Licenzas: amplíase en 1 día a licenza por matrimonio, pasando a 16 días, e establécese en 6 días a licenza do artigo 30 por nacemento de fillo ou filla e polo falecemento accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización de parentes ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade.
-
Guarda legal: amplíase a posibilidade de reducir a xornada ata que o menor cumpra os 14 anos.
-
Posibilidade de acumulación da lactación en 23 días naturais.
-
Nas empresas con máis de 15 traballadores establecese a xornada efectiva mínima para os contratos a tempo parcial en 27 horas semanais.
Dende CCOO facemos unha valoración positiva do acordado, que mellora en conciliacións e sobretodo nun incremento nas horas mínimas nos contratos a tempo parcial. Ademais garante un incremento salarial aceptable para os tempos que corren e a garantía de mantemento do poder adquisitivo.
Convenio Comercio Téxtil Pontevedra
CCOO Servizos mellora a súa representatividade en VEGALSA Oroso (p.l. Eroski)
Onte celebráronse en Oroso as votacións correspondentes ao proceso electoral da empresa VEGALSA (platoforma loxística de Eroski). Ata o día de onte o comité estaba formado por 5 delegados/as de UGT, 2 de CCOO e 2 de FETICO. Grazas ao traballo dos nosos delegados/as durante estos últimos catro anos o resultado neste último proceso foi o seguinte:
CCOO servizos obtén dous delegados nas eleccións de Alcampo Santiago
Xuntanza de delegadas e delegados de Alcampo Galicia cos responsables da Sección Sindical Estatal
Asinados os convenios de Comercio de Mobles e Comercio de Materiais de Construción da provincia de Pontevedra
Na sinatura destes dous convenios tivemos en conta que son dous sectores tocados especialmente pola crise con empresas que xa pecharon, outras que están con ERTES continuos e sen demasiadas perspectivas de mellora, polo que estabamos obrigados a tomar unha posición responsable. De todas maneira conseguimos asinar, aínda que sexa de forma moderada, incremento salarial para cada un dos anos de vixencia e algunha mellora máis. Segue
A declaración de Zona de Gran Afluencia Turística nunha Cidade non pode supor a precarización do emprego e a perda de dereitos
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia quere saír ao paso das declaracións vertidas na prensa por parte da Patronal de Grandes Almacéns (ANGED), nas que vén dicir que deixar fóra das devanditas zonas ás grandes cadeas de distribución evita a competitividade das tendas físicas vs tendas online e evita a creación de centos de postos de traballo que serían necesarios para atender un horario comercial máis amplo.
É necesario aclarar que a Patronal ANGED xa vén pedindo desde hai moitos anos a liberalización total do comercio e só grazas ao rexeitamento dos Sindicatos e do Pequeno Comercio se puido evitar.
Esta Patronal sempre argumenta que esta liberalización vai crear emprego, e con todo, ano tras ano o que fai é precarizar a situación no sector, asinando convenios cos seus sindicatos afíns que van minguando as condicións de traballo nos centros. Só no último convenio pasouse a aumentar a xornada en 28 horas anuais e deixar de remunerar os domingos e festivos pasando a traballarse coma se dun día máis se tratase (co que nos podemos imaxinar en que situación nos quedariamos se, como pretenden, nos fan abrir todos os domingos e festivos do ano). Segue












