Despois dunha intensa negociación acórdase delimitar a Zona de Gran Afluencia Turística

Liberalización de horarios: A zona de libre horario comercial limitarase ao Casco Vello, ensache e Bouzas

Tras unha intensa negociación na que participamos CCOO, UGT e CIG, finalmente chegouse a un acordo para delimitar a Zona de Gran Afluencia Turística na cidade de Vigo, na que se permitirá a apertura do comercio todos os días do ano.

As primeiras propostas que se puxeron enriba da mesa, e que incluían zonas como a Gran Vía, a Rúa do Príncipe ou o Centro Comercial A laxe, tiveron por parte das tres centrais sindicais unha resposta contundente de negativa absoluta, sendo preciso realizar accións encamiñadas a conseguir que non se incluísen estas zonas e tampouco establecementos de mais de 300 metros cadrados. Solicitáronse concentracións ás portas do Concello de Vigo, a primeira delas onte pola mañá, que se mantivo como asemblea, á espera do desenvolvemento dunha reunión urxente.

Continúa



Orientada cara a próxima negociación do Convenio Colectivo de Grandes Almacéns

Xuntanza de delegadas e delegados de Alcampo Galicia

No día de hoxe reuníronse nos locais de CCOO en Santiago, os delegados e delegadas de ALCAMPO de Galicia.

Este ano finaliza a vixencia do Convenio Colectivo de Grandes Almacéns,(ANGED), polo que desde a Federación de Servizos de Galicia iniciamos xuntanzas de todos os delegados/as para preparar estas negociacións.

O obxetivo desta xuntanza :

  • Debatir e propoñer os temas e puntos para a negociación.

  • Elaborar puntos para incluir na plataforma de CCOO.

  • Información e traslación da negociación.

Todos os acordos aos que se chegue trasladaranse á Sección Sindical Estatal, para que, en coordinación co resto de Seccións Sindicais Estatais, elabore a plataforma e negociar o próximo convenio.


Revalida a súa maioría absoluta

CCOO Servizos gaña as eleccións en Zara Ourense

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais celebradas hoxe en Zara Ourense. Despois dun proceso conflitivo, a candidatura proposta polo sindicato logrou tres delegados, mentres que UGT e USO acadaron un e CIG non conseguiu representación.

Resulta especialmente positivo este resultado, así como o apoio recibido polas candidaturas de CCOO tanto no colexio de técnicos como no de especialistas, por canto gaña as votacións nos dous ámbitos electorais e, nesta ocasión, competindo con outras tres candidaturas sindicais, mentres que hai catro anos só se presentara CCOO, que obtivera catro delegados, e CIG un.

CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no proceso electoral e a confianza depositada.  


CCOO Servizos gaña as eleccións en TEMPE (Grupo Inditex) A Coruña

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as primeiras eleccións sindicais celebradas en Tempe, que se celebraron o día trece de maio. A candidatura proposta polo sindicato logrou unha delegada, mentres que CIG non conseguiu representación a pesar de propoñer dúas candidatas.

CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no proceso electoral e a confianza depositada.  


O sindicato sostén que a liberalización só beneficia as grandes superficies e prexudica o pequeno comercio galego

CCOO Servizos rexeita a liberalización de horarios comerciais e acolle positivamente a sentenza do TSXG

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia (CCOO-Servizos) rexeita a liberalización de horarios comerciais porque só beneficia as grandes superficies e prexudica o pequeno comercio. Neste sentido, o sindicato acolle positivamente a recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que rexeita o recurso da patronal ANGED contra a decisión do Concello da Coruña de restrinxir a apertura en domingos e festivos. Así mesmo, CCOO rexeita as tentativas de aprobar en Vigo a dita flexibilidade. Continúa


Prodúcese a quinta reunión da mesa negociadora

A Patronal impide avanzar na negociación do Convenio Comercio-Alimentación de Pontevedra

 Trala quinta reunión da mesa negociadora temos que informarvos que non hai ningún avance de importancia. Polo de agora presentamos e detallamos as plataformas de cada un dos sindicatos presentes na negociación (CCOO, CIG, UGT e USO) e recibimos as pretensións da patronal.

O problema que está a dificultar a negociación é a falta de acordo entre as dúas patronais presentes na mesa sobre cal é a representatividade que ten cada unha de elas. CC.OO. entendemos que este é un asunto que deben resolver eles fora da mesa e que non debe entorpecer a negociación. Esperamos que na próxima reunión poidamos comezar a falar do que realmente nos preocupa, sacar adiante este convenio, e se deixen de disputas internas que non traen nada positivo.

Comunicado


Grupo Champion Carrefour. Firmado el convenio Colectivo

La  firma  del  Convenio  consolida  la  jornada  de  5  días  de  trabajo  a  la  semana,  la  recuperación  del poder  adquisitivo  y  otras  mejoras  sociales,  ello  ha  sido  posible,  por  el  energía  y  la  capacidad negociadora de CCOO. Con la firma se cumplen gran parte de los objetivos que nos planteábamos en nuestras reivindicaciones; del Convenio colectivo destacamos los puntos siguientes: