Archivado en Convocatorias, Union Comarcal Ferrol, Normas

Proclamación de candidaturas da Comarca de Ferrol
Desde a Federación de Servizos de CCOO de Galicia unha vez máis comunicamos que en base ao regulamento das asembleas congresuais de Nivel I punto D, Candidaturas:
- A proclamación das candidaturas entenderase definitiva se finalizado o prazo habilitado para presentar reclamacións ás mesmas non se formalizou ningunha reclamación.
- Se só houbese unha candidatura proclamada, non se procederá á súa votación, quedando elixidos todos os candidatos e candidatas (titulares e suplentes). Ler máis
Polo que se resolve, tras a finalización do prazo de presentación de candidaturas
Quedan proclamadas as seguintes candidaturas da Comarca de Ferrol presentadas en tempo e forma:
- Candidatura asemblea Nivel I - III Federación de Servizos de Galicia
- Candidatura asemblea nivel III Unión Comarcal Ferrol
- Coordinador ou Coordinadora da Federación na UC de Ferrol
Que só foi presentada unha candidatura en cada unha das asembleas, por iso non se procederá á súa votación
Quedan elixidas todas as persoas que conforma a candidatura, tanto titulares como suplentes.
Que pola Lei de Protección de Datos non se poden publicar, pero desde a Secretaria de Organización estamos a vosa disposición para calquera dúbida ou aclaración.
Información ante alerta meteorológica
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Calendario Laboral 2025. Publicado en el BOE
Publicación en el BOCM del nuevo Convenio de Oficinas y Despachos 2025-26
Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social
Convenio Colectivo de Comercio Textil de la Comunidad de Madrid