Archivado en Comunicado breve, ERE, Comercio Galicia

Pechado con acordo o expediente de regulación de emprego en Adolfo Domínguez
O pasado día 10 de Xullo pechouse con acordo o expediente de regulación de emprego que afectaba a oficinas centrais e a tendas da marca Adolfo Dominguez.
Nun incio o expediente expúxose coa intención de extinguir 110 postos de traballo e 23 mobilidades xeográficas, tralo período de consultas o acordo pechouse nos seguintes termos:
O número final de afectados poas extincións son de 56 persoas, 38 delas en tendas e 18 en servizos centrais, con indemnización fixada en 30 días cun tope de 18 mensualidades. Quedan excluídos da afectación pola extinción persoas con redución por garda legal, maternidade, familias monoparentais, discapacidade e violencia de xénero. Estas persoas en caso de non aceptar o novo posto de traballo daráselles a indemnización pactada.
Nos servizos centrais farase unha modificación substancial de condicións a 9 persoas, en caso de non aceptación a indemnización será a prevista legalmente.
O resto de persoal non afectado pola extinción recolocarase noutras tendas e a empresa garante que seguirán cobrando o mesmo salario aínda e cando na tenda de destino fagan unha xornada inferior, sempre que a diferenza de xornada non supere o 20%.
Establécese o compromiso de non realizar un novo expediente de regulación de emprego en dous anos, así como o ofrecemento das vacantes que se produzan ás persoas que extinguiron o seu contrato ata o 31 de decembro do 2018.
CCOO cremos que o acordo é atinado ao reducir considerablemente as persoas que estaban afectadas, protexendo de maneira especial ás persoas con situacións máis vulnerables.
Artículos más leídos hoy
Se publica en el BOE el XVIII Convenio de Consultoría y comienza, con ello, a ser de aplicación
Tomadura de pelo
El BOCM publica el nuevo Convenio Colectivo de Oficinas y Despachos
Ley 31/1995, de 8 de noviembre, de Prevención de Riesgos Laborales
La banca vendió 50.758 millones en ladrillo tóxico a los fondos en el 2017
Altamira lanza una plataforma online para vender 120.000 inmuebles