Archivado en

Excelente traballo realizado polo comité desde a súa constitución o cinco de febreiro deste ano
Terceiro acordo de condicións laborais en Adecco Outsourcing na provincia de Pontevedra
Nas asembleas celebradas no día de hoxe xoves, vinte e dous de decembro, nos locais de CCOO en Vigo, referendouse por unanimidade o acordo sobre salarios que se comezará a aplicar a partir do 1 de xaneiro de 2017.
O acordo supón a converxencia salarial progresiva en 3 anos cos salarios establecidos no Convenio de Transporte de Mercadorías de Pontevedra partindo da retribución anual de cada traballador, o cal no 3º ano quedará establecido en 14.679 eur para o Peón Especializado e para a de Xefe de Equipo en 16.091 eur. A partir do ano 2020 aplicaranse os salarios establecidos no devandito convenio.
Por outra banda, no ano 2017 revisaranse as funcións das persoas con categoría de Peón Especializado e en razón destas reclasificaranse a Oficial de 2ª (cun salario de 15.091,35 eur en 2019) ou Oficial de 1ª (con salario de 15.631,50 eur en 2019). Segue
Outra cuestión importante recollida neste acordo é que para os cálculos indemnizatorios individuais en caso de despedimento improcedente ou obxectivo e os de finalización de contrato, aplicaranse os salarios establecidos para o ano 2019.
Este acordo supón un incremento medio no salario fixo de máis do 8% en cada un dos anos. Ademais, se engadimos as melloras económica que se establecen nos dous acordos anteriores coa creación de pluses novos (Plus de distancia/desprazamento, Plus de puntualidade e asistencia, Complemento de IT ao 100% en accidente laboral e ao 75% en enfermidade común) e a regulación da bolsa de horas que supuxo un incremento importante nas horas extras; neste ano 2016 a representación de CCOO no Comité de Empresa viu recompensado o gran esforzo realizado para mellorar as paupérrimas condicións de traballo do persoal desta empresa de Multiservizos.
Pero quedan máis asuntos que tratar. Agora precísase constituír o Comité de Seguridade e Saúde no mes de xaneiro e desde este mellorar as condicións de traballo nesta materia. Tamén é necesario facer un seguimento do cumprimento dos acordos para que o esforzo realizado se vexa realmente e efectivamente compensado.
Desde que naceu este comité, o 5 de febreiro de 2016, o compromiso adquirido co persoal foi conseguir mellorar ao máximo as condicións de traballo e até a data hai que recoñecer que o cumpriu sobradamente.
Vigo a 22 de decembro de 2016
JORGE CARNEIRO PENEDO
Responsable da Federación de Servizos na provincia de Pontevedra.
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Zapatero congela las pensiones, baja el sueldo a los funcionarios y no descarta subir impuestos
Firma del nuevo convenio de Oficinas y Despachos de la Comunidad de Madrid
Calendario Laboral 2025. Publicado en el BOE
Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social
Convenio Colectivo de Hostelería de las Illes Balears