Santander adquire Banco Popular: A principal preocupación é a defensa do emprego

Bancos Santander Popular

Ante a difusión hoxe en medios da decisión da Xunta de Resolución Bancaria Europea da adxudicación de Banco Popular a Banco Santander, dende a Federación de Servizos de CCOO en Galicia queremos pór de manifesto que esta noticia debe significar a finalización da incerteza que levan padecendo nas últimas semanas os máis de 1.400 traballadores e traballadoras do Grupo Banco Popular en Galicia. Segue


A Federación de Servizos celebra unha asemblea de delegados da comarca de Santiago

Onte, 10 de maio, celebrouse unha asemblea de delegadas/os da comarca de Santiago para presentar o proxecto da Executiva da Federación de Servizos. A participación activa de todas las persoas asistentes propiciou un enriquecedor intercambio de ideas e inquedanzas, ademais de consenso sobre as liñas de traballo propostas pola Secretaría Xeral e Executiva desta Federación.

Como ideas principais do proxecto para implementar no futuro máis inmediato cabe destacar a comunicación categorizada e fluída entre as diversas estruturas así como o traballo en equipo ordenado en función das distintas áreas e sectores, co fin de aproveitar e compartir a experiencia entre os mesmos nesta nova etapa.

Desde a Federación de Servizos queremos agradecer a asistencia á xuntanza, e o empeño das delegadas e delegados da Comarca de Santiago para defender un dos principios básicos de CCOO, que é a defensa do emprego digno e de calidade.



CCOO e UGT convocaron manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo

Primeiro de Maio en Galicia: que a recuperación chegue xa a toda a cidadanía

Miles de persoas participaron nas manifestacións que CCOO e UGT convocaron en toda Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo) para conmemorar este Primeiro de maio e reclamaron que a recuperación chegue xa ao conxunto da cidadanía. Para isto, cómpre que os gobernos, o central e galego poñan riba da mesa todos os mecanismos necesarios para garantir emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social.




Vídeo
Imaxes


CCOO Servizos obtén toda a representatividade en DÉCIMAS (A Coruña, Ferrol e Santiago)

Eleccións en Décimas

CCOO gañou as eleccións sindicais ao ter sido elexidas as tres delegadas de personal que se presentaron, quedando a CIG sen representación.

CCOO mellora os resultados obtidos nas anteriores eleccións en Sport Street S.L., empresa da que provén Décimas SLU, despois da segregación en distintas marcas.

Cabe salientar que o plantel é maioritariamente feminino e que estre feito se reflectiu na elección das representantes. CCOO quere expresar o seu agradecemento ás persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza nas Comisións Obreiras.


O sindicato ve un claro recoñecemento ao traballo realizado

CCOO gaña por maioría absoluta as eleccións en Coremain

Coremain

A candidatura de CCOO gañou as eleccións sindicais celebradas hoxe en Coremain, despois dunhas eleccións parciais anteriores cun resultado parello para ambas candidaturas. 

O sindicato revalidou a súa maioría cun resultado de 7 delegados, correspondendo 6 para CIG, cun censo aproximado de 190 traballadoras e traballadores. Cabe salientar que foi un proceso con incidencias, derivado de expedientes iniciados pola empresa ao longo da campaña electoral.

CCOO considera moi importante o triunfo nestas eleccións pois permite continuar na liña de traballo dos últimos meses ademais de constituír un claro recoñecemento ao traballo desenvolvido.

Por último, agradecer a todo o persoal a confianza depositada na candidatura das Comisións Obreiras.


Emprego e salarios dignos para unha vida digna

10 de Marzo - Día da Clase Obreira Galega do 2017

10 Marzo

Hoxe, 10 de Marzo de 2017, conmemoramos o aniversario daquela tráxica data de loita, pero tamén de honra e de dignidade da clase obreira galega. Daquela, os traballadores e traballadoras da Bazán pelexaban polo seu convenio colectivo, por un salario digno, contra a carestía da vida, por mellores condicións de vida e polas liberdades democráticas. Hoxe, 45 anos máis tarde, a cerna daquelas reivindicacións é a mesma: seguimos loitando polos convenios colectivos, porque son o único instrumento válido para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores e porque con eles se aplica a primeira repartición da riqueza nas empresas.


Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones