Coa participación do secretario xeral confederal, Unai Sordo, e a secretaria confederal da Muller, Elena Blasco

Preparando o camiño da folga para o 8 de Marzo: Multitudinaria asemblea en A Coruña

8M

O salón de actos do edificio sindical da Coruña quedou pequeno para a multitudinaria asemblea organizada por Comisións Obreiras para preparar o camiño da folga do vindeiro 8 de marzo. Neste encontro coa afiliación participaron o secretario xeral confederal, Unai Sordo, e a secretaria confederal da Muller, Elena Blasco, así como representantes das direccións nacional e comarcal do sindicato. Entre o público tamén cabe destacar a presenza de dirixentes de partidos políticos de diferente cor, que seguiron con interese o desenvolvemento da asemblea.


Delegadas do sindicato participaron nun encontro sectorial na Coruña que serviu para informar e denunciar este tipo de situacións

CCOO denuncia as dificultades para a igualdade efectiva entre homes e mulleres no sector dos servizos

Encontro 8M

Delegadas de Comisións Obreiras denuncian as dificultades para a igualdade efectiva entre homes e mulleres no sector dos servizos. Nun encontro sectorial que o sindicato organizou o mércores na Coruña co gallo da folga do vindeiro día 8, representantes de CCOO en diferentes empresas relataron as eivas detectadas no seu día a día, tanto do punto de vista profesional coma sindical.


CCOO Servizos acada representatividade no primeiro comité de Ideal Call (Coruña)

Eleccións Ideal Call

Hoxe mércores, 20 de decembro, celebráronse eleccións na empresa Ideal Call na Provincia de Coruña, obtendo un total de 1 delegados para un comité de 5.
Estas eleccións corresponden ao persoal de traballadores e traballadoras externos, adicadas a actividades de Contact Center para Media Markt, Oney, Caixabank Accidentes, etc...
Son as primeiras que se levan a cabo en Ideal Call para constituir un Comité de Empresa, no que tivemos un escenario complexo para poder presentar a nosa candidatura, polo que CCOO Servizos quere amosar o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza en Comisións Obreiras.
CCOO Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e traballadoras mostrando o noso compromiso para levar a cabo o mellor traballo posible en defensa dos intereses de todo o personal.


Carta ao Concello de A Coruña rexeitando a apertura de festivos solicitada por Carrefour

Non apertura comercio domingos e festivos

Dende a Federación de Servizos de CCOO de Galicia, rexeitamos unha vez máis as aperturas en domingos e festivos, e ratificámonos na idea de que sen estas aperturas, o horario comercial xa abastece suficientemente as necesidades comerciais, e a ampliación só serve para deteriorar aínda máis a posibilidade de conciliar a vida laboral e familiar, xerando un prexuízo notorio a todos os traballadores e traballadoras do Sector.

Podes ler o texto completo da carta aquí:



Precariedade e cambio tecnolóxico: dous retos para a recén constituída Agrupación de Servizos Técnicos e Administrativos

O II Congreso da Federación de Servicios de CCOO determinou nos seus relatorios e Estatutos que o Consello Federal aprobaría durante o presente mandato a integración de Servizos Administrativos e Servizos Técnicos. Cabe salientar que a nova agrupación recolle os sectores de: Servizos Administrativos, Seguros e Mutuas de Accidentes de Traballo, Planificación e Consultorías (TIC), Contact Center, Enxeñerías e Inspección Técnica e Intermediación Laboral.

Esta nova estrutura presenta aínda máis diversidade tendo en conta os distintos sectores que recolle a nova agrupación, ademais de retos organizativos e de acción sindical máis amplos, tales como combatir a precariedade e dotarse de novas ferramentas ante o cambio tecnolóxico e a dixitalización no traballo.

A celebración deste Plenario de integración supón unha continuidade do proceso iniciado en 2014, así como unha importante ampliación do seu ámbito funcional e sectorial que dá lugar a unha nova realidade organizativa que require novos órganos de dirección. Neste caso, unha vez realizadas as votacións queda elixido como responsable da coordinadora da agrupación Héctor Ortega Sánchez.

O presente plenario debe servir para integrar, ilusionar, comprometer e construír un sector que integrará unha ampla gama de subsectores, con heteroxeneidade nas súas características e maior variedade dos seus modelos de negociación colectiva.






Inclúense anexos con: festivos locais, festivos autonómicos e aperturas de comercio en domingos e festivos

CALENDARIO LABORAL 2018

calendario laboral 2018












Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones