Masiva mobilización das persoas traballadoras do comercio vario de Coruña por un convenio digno
O sector do comercio vario da provincia da Coruña mobilizuse este domingo, día 26 de marzo. Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG, que promoven as mobilizacións, denuncian que a parte empresarial pretenden «condenar» os traballadores e traballadoras «a salarios conxelados ou de miseria». Ler máis
CCOO Servizos ante o 8 de Marzo de 2023: A igualdade é un plan que funciona
"A actuación cotiá de defensa da igualdade e a loita contra a discriminación levou ao sindicato á aprobación por unanimidade da inclusión do feminismo como principio estatutario de CCOO no seu 12º Congreso Confederal".
Podemos dicir con orgullo que somos a maior organización feminista deste país. As mulleres están a afiliarse máis ao sindicato e mantéñense afiliadas a pesar de que traballan nos sectores máis precarios e con peores condicións de estabilidade no emprego. Para a Federación de Servizos en Galicia isto non son simples palabras, é unha realidade que podemos comprobar desde todas as áreas e comarcas, onde as mulleres están a asumir de forma notable a máxima responsabilidade. Ler máis
CCOO mobilízase en Primark
Hoxe, 1 de marzo, ante o inmobilismo e falta de vontade negociadora da empresa, o persoal de Primark mobilizouse de 12:00 a 13:00 en Marineda (Coruña), xunto a múltiples tendas de todo o estado.
En plena negociación do Convenio de Primark e ante a falta de acordos, o sindicato viuse abocado a elevar o nivel de tensión no conflito convocando unha primeira fase de mobilizacións en todo o país para tratar de dar un golpe de temón á deriva precarizadora que está a adquirir a empresa.
O sindicato quere reclamar un trato xusto por parte da empresa, porque sen o seu persoal non crece e non continua tendo avultados beneficios. Estas concentracións pretenden ser o punto de inflexión a través do cal a empresa acepte as propostas que CCOO defende desde a primeira reunión do Convenio, que se sintetizan en:
- Incremento salarial ao nivel do IPC, 6% adicional en 2023, 6% en 2024 e se a empresa quere que o Convenio sexa de tres anos, terá que aceptar outro 6% para 2025.
- Domingos: aumentar os 30 ? propostos pola empresa e reducir aínda máis o límite a traballar.
- Descansos cualificados: Os 12 sábados + domingos.
- Eliminar a quenda 1 de vacacións que dá comezo en maio, a referencia debe ser o 21 de xuño.
- Sistema para aumentar as horas do contrato de forma progresiva.
Pola defensa destas xunto a outras propostas que o sindicato quere introducir no Convenio de Primark, para que sexa xusto e compense ao persoal polo seu esforzo nos últimos anos
Froiz despide por enfermar
Beatriz levaba traballando varios anos como charcuteira de Froiz en Brión, cortando friame de xeito continuado durante moitas horas todos os días de luns a sábado. Seguramente vos terá atendido a moitas/os de vós.
Beatriz enfermou. Despois de anos de repetir o mesmo movemento o seu ombro non puido máis e os médicos prescribiron unha baixa que se prolongou durante varios meses. Cando se incorporou, Froiz non lle deu alternativa e asignouna de novo a cortar friame durante horas sen descanso. Aos cinco días despediuna por considerar que cometera un acto de indisciplina ao baixar o seu rendemento "de xeito voluntario". Ningunha compañeira percibiu esa baixada de rendemento a pesares da dor coa que traballaba.
A varias compañeiras de toda Galicia lles pasou exactamente o mesmo que a Beatriz. Froiz sempre di que os xefes da empresa son os clientes. Pois valoren vostedes se queren mercar en Froiz. Esiximos readmisión!!
Acordo histórico en Inditex: a igual traballo, igual salario
CCOO, como sindicato maioritario no Grupo Inditex, alcanzou un acordo histórico que homologa salariamente todas as marcas e territorios, en retribucións fixas e variables, concretando salarios fixos garantidos de entre 18 000 e 24 500 euros, a través dun complemento que se revalorizará no futuro baseándose no IPC. Ademais, conseguíronse avances de moito calado en condicións sociais e o compromiso de negociar medidas sobre parcialidade e tempos de descanso no marco da negociación do plan de igualdade de grupo. Ler máis



















