Período de consultas finalizado para o ERTE de Eurostars Gran Hotel La Toja
No día de onte pechouse o período de consultas de negociación do ERTE proposto pola empresa ARCATIS, S.L.U. para o Eurostars Gran Hotel La Toja.
Finalmente no período de negociación acordouse modificar as condicións expostas de inicio pola dirección da empresa e o acordo rematou cunha redución de xornada durante a tempada baixa, mantendo a xornada completa na alta (do 15 de maio o 15 de outubro).
Este acordo terá unha duración dun ano e afectará á totalidade do persoal que verá reducida a súa xornada no 50% (20 horas semanais) durante o período acordado, de febreiro ó 15 de maio e do 15 de outubro ó 31 de decembro. A pretensión é que esta redución sexa menor no caso de que a ocupación do hotel faga necesaria unha maior presenza de persoal e non suporá ningunha merma nas condicións económicas.
A representación de CCOO, a pesar das dúbidas que temos sobre as intencións que poida ter a dirección con respecto ó futuro deste emblemático hotel, decidimos asinar este acordo tendo en conta que a asemblea de traballadores e traballadoras maioritariamente manifestou aceptar as condición do mesmo. Dende o principio da negociación a presión exercida polos representantes de CCOO conseguiu que a direción da empresa mudara a súa proposta inicial e reducir as consecuencias negativas que este tipo de medidas teñen para as persoas traballadoras.CC.OO. pide aos partidos políticos que o grupo público TRAGSA-TRAGSATEC "deixe de ser a ETT do Goberno"
Representantes de Tragsa-Tragsatec de CC.OO. pedíronlle o pasado luns aos deputados de En Marea que contribúan a visibilizar os despedimentos da empresa pública e que presenten unha Proposición Non de Lei (PNL) na que se propoña que o Congreso inste ao Goberno a readmitir aos traballadores despedidos. Tamén lles entregaron un dossier informativo no que se recollen todas as fraudes de lei que levan denunciando diante da Inspección de Traballo.
David Bruzos e Yolanda Díaz, comprometéronse a atender as súas reivindicacións e aseguráronlles que os apoiarán na concentración que teñen previsto levar a diante da sede do Partido Popular na rúa Génova (Madrid) o vindeiro 26 de xaneiro.
Asimesmo representantes de Tragsa-Tragsatec de CC.OO. reuníronse co deputado no Parlamento de Galicia Abel Losada, quen lles trasladou que o Grupo Socialista no Parlamento de Galicia presentou o pasado día 13/01/16 unha Proposición Non de Lei para instar ao goberno que deteña o ERE do Grupo Tragsa.
CC.OO. ten previsto reunirse polo mesmo tema este xoves co grupo Mixto do Parlamento de Galicia e esperamos que nos vindeiros días nos reciba o BNG e o PP no Parlamento de Galicia.
|
|
|
CCOO sigue sus acciones en defensa del empleo en el Grupo Tragsa
CCOO Construcción y Servicios.- Tras la rueda de prensa que el Sindicato dio ayer en la sede de la Confederación sindical de CCOO, se han mantenido reuniones con Convergencia y Podemos de cara a trasladar a los diputados la situación de la Empresa Pública con la ejecución del ERE y se ha escrito al presidente del Grupo Tragsa para llevar a cabo una reunión de urgencia
Máis reestruturación no grupo "El Árbol"
A dirección da empresa comunicou que a situación segue sendo complicada e que se necesitan facer novos axustes organizativos.Tamén insistiu en que o seu obxectivo é a rendibilidade da empresa e o mantemento do emprego e que existe a posibilidade de lograr un acordo que contemple a recolocación de todo o persoal no Grupo Dia%.
As provincias afectadas son: Almería, Asturias, A Coruña, Badaxoz, Cáceres, Cantabria, León, Lugo, Murcia, Navarra, Ourense, Palencia, Salamanca e Zaragoza.
Folga do persoal de Tragsatec para rexeitar o ERE no Grupo Tragsa - #StopEreTragsa
O persoal de Tragsatec irá á folga mañá martes, 12 de xaneiro, para amosar o seu rexeitamento ao ERE no Grupo Tragsa. CCOO denuncia que a execución do ERE comezou en pleno Nadal, cando, tras recibir o aval do Tribunal Supremo, foron notificados os primeiros despedimentos.
Mediante este despedimento colectivo, Tragsa prevé prescindir de 1.336 traballadores e traballadoras, 117 en Galicia. Isto, malia que a empresa pública ten reservas voluntarias por valor de 261 millóns de euros, critica Comisións, que concitou a unanimidade da oposición política en Galicia contra o ERE.
CCOO denuncia que mentres isto acontece, a empresa segue aboándolles aos seus directivos e mandos intermedios unha paga por obxectivos denominada «dirección por obxectivos». Ademais, nos últimos meses seguiuse contratando persoal eventual en todas as oficinas da empresa no estado, o que para o sindicato é a proba de que aumentou a carteira de pedidos da compañía.
Por último, o sindicato lembra a «millonaria» débeda das Administracións públicas co grupo Tragsa, que superaba os 460 millóns o pasado mes de novembro. Débeda, ademais, sete veces superior á previsión de perdas acumuladas entre 2014 e 2019.
+ Para máis información:
Claudio Landeira, delegado de CCOO en Tragsatec: 649 684 220
















