Archivado en
Hoxe celebrouse o IV Congreso da Federación de Servizos Galicia, no que foi reelixido por unanimidade secretario xeral, Iván Cordeiro. Con esta etapa ábrese un período de retos, pero tamén de firme compromiso coa defensa dos dereitos laborais en Galicia, especialmente nos sectores do comercio, hostalaría, sector financeiro, servizos técnicos e contact centers.
A situación laboral en Galicia no ámbito dos servizos segue a ser preocupante: baixos salarios, inestabilidade laboral, excesiva temporalidade e condicións de traballo precarias. Desde a Federación de Servizos, reafirmamos o noso compromiso en loitar pola suba salarial, estabilidade no emprego e condicións de traballo dignas para todos os sectores representados.
O novo equipo liderado por Iván Cordeiro aposta por fortalecer a acción sindical en Galicia, traballando en propostas concretas para mellorar a situación laboral e impulsar acordos que garantan dereitos básicos para os traballadores e traballadoras.
IMOS! Transformando o futuro
2025 © CCOO SERVICIOS. Aviso Legal | Contacto