Archivado en

Situación do Convenio Colectivo Comercio-Alimentación A Coruña


 Tras un parón na negociación, o día seis mantivemos unha nova reunión na que intercambiamos as plataformas reivindicativas de sindicatos e patronal. A plataforma conxunta das centrais sindicais, pretende sobre a base do convenio anterior avanzar en temas como:

  • Melloras substanciais nos contratos a tempo parcial, no que respecta a tipo de horarios, consolidación de horas e promoción a tempo completo.

  • Control de Xornada mediante instalación de sistemas de fichaxe.

  • Libranzas de fin de semana en tendas de zona de influencia turística.

  • Melloras en vacacións e licenza retribuídas.

  • Inclusión de normas para o tratamento do acoso.

  • Melloras no tratamento dos inventarios.

  • Paga de Incentivos por beneficios.

  • Un incremento de salarios acorde ás melloras das condicións económicas das empresas.

Por parte da patronal, e negociando nunhas condicións económicas que para nada teñen que ver cos momentos máis difíciles da crise da negociación do Convenio anterior, manteñen unha actitude de negociación á baixa, sen presentar unha plataforma clara das súas pretensións e cunha ambigüidade que deixa ver un intento ou pretensión de empeorar en aspectos como:

  • Sen proposta de incremento salarial definido.

  • Modificar Pago IT (baixas por enfermidade ou accidente laboral)

  • Recorte de pluses, axudas, nocturnidad e tempo de descanso.

  • Recorte de abono de horas extras.

  • Incremento das porcentaxes de horas complementarias obrigatorias.

Desde Comisións Obreiras, entendemos que a patronal se equivoca e que non é o momento de tentar precarizar e empeorar máis as condicións laborais do persoal que traballa no Comercio de Alimentación.

https://www.facebook.com/ServizosCCOO

https://twitter.com/servizosccoo