Archivado en

OFERTA FORMATIVA COMFIA

CURSOS FORMACION 2010


Un ano máis COMFIA organiza cursos de formación. Como en anos anteriores, damos preferencia ao ensino curricular (relacionado coas nosas profesións) e acreditable (con certificado acreditativo da formación recibida).
Os cursos elixidos para este ano son o de Asesor Financeiro, Ingles (Básico e Intermedio) e Galego (preparatorio CELGA 3).

As características dos cursos son as seguintes: 

Inglés: dous cursos (Nivel Básico e Nivel Intermedio) con 27 prazas por curso e de 240 horas cada un, das cales 40 son presenciais e o resto de teleformación. As clases presenciais celebraríanse en Santiago para os alumnos da zona norte e en Vigo para os alumnos da zona sur, en día por definir (venres pola tarde ou sábado pola mañá).
Na ligazón aparece "Observacións" para que se poña si se prefire o nivel básico ou o intermedio.
 
Galego: o nivel é o preparatorio para ó CELGA3 e daríase presencial na Coruña o venres pola tarde e o sábado pola mañá. A duración do curso é de 75 horas presenciais con 16 prazas.

Curso de Asesor Financeiro270 horas, modalidade a distancia,  dirixido a traballadores e traballadoras de entidades financeiras que asesoren en investimento financeiro aos seus clientes. O seu obxectivo é capacitar profesionalmente ás personas participantes para o adecuado asesoramento aos clientes sobre as diferentes alternativas de investimento patrimonial e previsión en función do seu perfil, atender ás necesidades do cliente e os obxectivos comerciais da entidade,
Imparte os contidos requiridos pola EFPA (Asociación Europea de Planificación Financeira) para obter o título oficial de Asesor Financeiro Europeo, EFA.

Preme pra obter máis información:

Galego

Ingles     

Asesor Financiero