Coincidimos coa conselleira Fernández Curras en que a vixente normativa contempla o nomeamento, aínda que ata hoxe, a diferenza do habitual noutras comunidades autónomas, non se fixera uso de mesmo. O que pode resultar sorprendente é, precisamente, a falta de representación existente nuns órganos de goberno, as distintas comisións de control, nos que a Xunta de Galicia, aínda malia os distintos signos políticos dos diferentes partidos no poder, ben podía haber estado representada.
Nese sentido, en COMFIA-CCOO Galicia entendemos que este feito demostra que o Goberno da Xunta atópase sensibilizado ante a situación en que se desenvuelve o sistema financeiro do Estado e con esta medida vén a patentizar a súa presenza nas entidades de aforro.
Igualmente, o feito de que estes representantes da Xunta poidan intervir nas distintas sesións con voz, aínda que sen voto, vén poñer de relevo que con esta medida o Goberno de Rodríguez Feijoo poderá mellorar as súas tarefas de supervisión e fiscalización, á vez que desecha a intervención na toma de decisións das entidades.
Galicia, 23 de Xuño de 2009







