Archivado en

II plenario de Contact Center de Galicia (Telemarketing)

Constituida a Agrupacion de Contact Center de Comfia Galicia


O 14 de abril de 2008 celebrouse na Coruña o II Plenario de Contact Center (telemarketing), onde se constituíu a Agrupación de Contact Center de COMFIA-Galicia.

.- No ano 2004 as delegadas e delegados de telemarketing de Galicia optaron por dotarse como estrutura de organización dunha coordinadora, que durante estes anos aumentou a afiliacion nun 600% e nun 500% as delegadas e delegados en Galicia. Agora, a coordinadora dá paso á Agrupación de Contact Center.

Anxo Romero García foi elixido Secretario Xeral. E ante o plenario expuxo os obxectivos para estes próximos catro anos, que son aumentar a afiliación e a representatividad nas empresas, establecer vias de comunicación coas traballadoras e traballadores, apoiar e asesorar ás seccións sindicais no seu traballo de negociación cos RRHH das empresas, e desenvolver un plan formativo para todas e todos os delegados de Contact Center de Comfia-Galicia.

No seu discurso como novo Secretario Xeral da Agrupación, Anxo Romero agradeceu a toda a organización de COMFIA-CCOO o apoio nestes anos, que considerou imprescindible para lograr o espectacular crecemento tanto en afiliación como en delegadas e delegados.