Igual traballo, igual salario: Éxito total da folga e mobilizacións polo convenio de comercio alimentación de Ourense

folga e mobilizacións convenio comercio alimentación Ourense

O conflito no sector de comercio de alimentación de Ourense xurdiu pola falta de avances nas negociacións do convenio provincial, que leva anos caducado e mantén condicións salariais moi por baixo das outras provincias galegas. Mentres o persoal de supermercados de Froiz, Gadis e Grupo Cuevas de Ourense realiza as mesmas tarefas có persoal de Lugo, Pontevedra ou A Coruña, perciben salarios máis baixos, algo que é totalmente inxusto.

Patronal inmobilista
A patronal mantivo unha postura inmobilista, sen presentar propostas concretas para corrixir estas diferenzas e mellorar as condicións laborais. Ante esta situación, as traballadoras e traballadores, organizados pola representación sindical de CCOO, USO, CIG e UGT, reclamaron o mesmo salario polo mesmo traballo e subas salariais xustas que recoñezan o esforzo diario que realizan.

Folga e mobilizacións
Despois de chamadas ao diálogo e mediacións sen éxito, as persoas traballadoras en asemblea, apoiadas pola representación sindical, decidiron dar un paso firme. O 16 de maio convocouse unha primeira xornada de folga que xa contou cun seguimento superior ao 90%, demostrando a disposición do persoal do sector a defender as súas reivindicacións. Posteriormente, os días 6 e 7 de xuño convocouse unha nova folga, cun seguimento masivo en toda a provincia, deixando claro que o persoal non está disposto a seguir soportando estas condicións.

Ademais, o día 7 de xuño tiveron lugar mobilizacións multitudinarias nas rúas de Ourense, onde as traballadoras e traballadores fixeron visible a súa demanda de igualdade salarial e dignidade laboral. A mensaxe foi clara: non hai xustificación para que as mesmas empresas paguen menos en Ourense que noutras provincias galegas.

A loita continúa
Desde a representación sindical advertimos á patronal que, de non presentar avances reais nas negociacións, as mobilizacións poderán continuar e mesmo intensificarse nas vindeiras semanas. A unidade e a participación nestas xornadas de folga e manifestacións deixan claro que o sector está preparado para loitar polo que lle corresponde: un convenio provincial digno, xusto e igualitario.

 

convenio comercio alimentación Ourenseconvenio comercio alimentación Ourenseconvenio comercio alimentación Ourenseconvenio comercio alimentación Ourense


Novo ERE en Teleperformance Coruña: paros e mobilizacións o 10 de xuño para defender o emprego

ERE Teleperformance

O comité de empresa de Teleperformance na Coruña anunciou a convocatoria de mobilizacións o 10 de xuño en resposta ao novo expediente de regulación de emprego (ERE) anunciado pola compañía.

As mobilizacións incluirán paros laborais de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, así como unha concentración diante das oficinas de Vodafone na praza de Pontevedra, ás 12:00 horas.

Afectación do ERE en Teleperformance A Coruña

O novo ERE supón a perda de 27 postos de traballo no centro de Teleperformance da Coruña, situado no polígono da Agrela. Este centro conta actualmente con 427 traballadoras e traballadores.
A afectación céntrase integramente no persoal adscrito ao servizo de Vodafone, que xa sufriu un axuste importante en outubro de 2023, cando 41 persoas foron despedidas.

Impacto estatal do ERE

A mesa negociadora do novo ERE constituíuse o pasado 30 de maio e afecta un total de 321 persoas en centros de traballo de seis cidades do Estado.
Teleperformance, líder mundial no sector dos contact centers, emprega a 11.000 persoas en España e máis de 138.000 en 47 países. Desde a adquisición do grupo Majorel en 2023, a empresa executou xa catro ERE, dous deles directamente na propia Teleperformance.

Denuncia da destrución de emprego

O comité de empresa denuncia a destrución deliberada de emprego, a pesar dos beneficios millonarios das empresas para as que presta servizo Teleperformance.
Destacan tamén que este sector está altamente feminizado e que a maior parte do persoal afectado na Coruña ten máis de 50 anos e unha ampla experiencia profesional.

____________________________________

enlightenedActualización: Imaxes da concentración do día 10 de xuño

mobilizacións contra o ERE en Teleperformancemobilizacións contra o ERE en Teleperformancemobilizacións contra o ERE en Teleperformancemobilizacións contra o ERE en Teleperformancemobilizacións contra o ERE en Teleperformancemobilizacións contra o ERE en Teleperformancemobilizacións contra o ERE en Teleperformancemobilizacións contra o ERE en Teleperformance


Arrinca a negociación do convenio comercio materiais de construción de Pontevedra

convenio comercio materiais de construción

Na reunión do 27 de maio de 2025 constituímos a mesa de negociación do convenio do sector, na que ningún sindicato ten maioría, coa seguinte composición: CCOO: 4, CIG: 6 representantes, UGT: 3.

Nesta primeira xuntanza constituíse a mesa, e a plataforma estará en poder da patronal antes da próxima reunión, que se celebrará o 10 de xuño ás 11:00h nos locais de ASEMACO. Ler máis


Lume no convenio do comercio alimentación de Ourense: Folga de 2 días e manifestación

folga convenio comercio alimenación Ourense

Sabemos que é posible e xusto, entón… por que esta patronal segue a provocar? A patronal mente outra vez.

Presentan unha suba salarial de MISERIA:

  • 2025: chega a 18.100€, a costa das subas de 2026, 27 e 28
  • 2026: +47€ brutos/mes
  • 2027: +47€ brutos/mes
  • 2028: +24€ brutos/mes

Non chega nin ao plus de transporte doutras zonas! Queren que cobremos 19.860€ en 2028 cando noutras provincias iso xa se cobra en 2025!!!.

É UN INSULTO!
 

Por iso faremos:

  • Folga de 2 días: Venres 6 e sábado 7 de xuño
  • Manifestación: Sábado 7 de xuño ás 12:00 h polas rúas de Ourense

NON IMOS PARAR

Porque temos razón, porque é xusto, porque poden pagalo, porque xa perdemos o medo, porque Ourense está con nós.
Seguiremos loitando polos nosos dereitos e pola nosa dignidade!!


Convenio comercio alimentación Ourense: A patronal non chega

convenio comercio alimentación Ourense

O día 20 de maio celebramos en Ourense a primeira xornada de mediación do Convenio Colectivo Provincial do Sector da Alimentación trala folga.

Tras un primeiro intercambio de opinións, no que situamos o conflito e o punto de partida da mediación, a parte empresarial trasladounos unha proposta económica que segue sen achegarse aos 18.100 euros para o 2025 e aos 19.500 euros para o 2026, cifras que reclamamos para as nosas compañeiras e compañeiros do sector.

Reprochámoslle á patronal que, malia terse vivido unha xornada histórica de folga, continúa sen facer un exercicio de reflexión nin de recoñecemento da realidade laboral que padecemos.

Desde a parte social, e de forma consensuada entre CCOO, CIG, USO e UGT, trasladámoslle unha nova proposta co obxectivo de acadar un acordo digno para todas as traballadoras e traballadores do sector:
2025: 18.100 €

  • 2026: 19.500 €
  • 2027: Suba segundo o IPC do ano 2026, cun mínimo garantido e un plus de transporte de 80 € en 12 pagas
  • 2028: Suba segundo o IPC do ano 2027, cun mínimo garantido e plus de transporte de 80 € en 12 pagas
  • 4 sábados de calidade ao ano (1 por trimestre), reducindo así a xornada anual
  • Adaptación do convenio á lexislación vixente en materia de contratación, xornada, permisos e licenzas
  • 20 % de plus de nocturnidade para as horas traballadas entre as 22:00 e as 06:00
  • Axuda escolar de 80 €
  • 32 días de vacacións. Un día adicional sobre o actual

Tras un receso para valorar a nosa proposta, a patronal solicitou aprazar a reunión ata o vindeiro venres 23 de maio ás 10:00 da mañá.


Convenio Comercio Metal Pontevedra: Reunións, propostas e próximos pasos

convenio comercio metal Pontevedra

Na segunda reunión de negociación do convenio, celebrada o 19 de maio de 2025, os sindicatos presentamos as nosas plataformas reivindicativas á parte empresarial. Foi unha reunión inicial de toma de posicións na que se abordaron temas clave.

Temas tratados:

  • Necesidade de revisar e simplificar as categorías profesionais.
  • Actualización dos CNAE aos que se aplica o convenio, para axustalos á realidade actual.
  • Adaptación das licenzas e permisos ao marco legal vixente.

A próxima reunión será o 9 de xuño ás 10:00 h, e nela comezará a negociación dos seguintes artigos:

  • Artigo 2: Ámbito de aplicación
  • Artigo 3: Ámbito funcional
  • Artigo 12-15: Licenzas, permisos, excedencias e coidados familiares Ler máis


Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones