O trece de xuño celebrouse a última reunión da mesa

Nova reunión do convenio comercio alimentación de A Coruña

convenio comercio alimentación Coruña

Nesta última reunión tratáronse os seguintes puntos:

Eliminación do grupo IV: A patronal propón un grupo 3 con 4 niveis, pero seguen querendo que a promoción, polo menos no primeiro nivel, sexa aos 4 anos.
CCOO non lle dá máis voltas, o período de promoción non pode superar o tres anos, como até agora.

Redución da xornada laboral. De 1812 horas anuais a 1798 horas anuais en dous anos e 2 fins de semana de calidade, un iniciaríase no 2023 e dous a partir de 2024.
CCOO expuxo que a xornada anual ten que baixar como mínimo a 1790 horas, que se podería facer con tres fins de semana de calidade libres, uns cada cuadrimestre.

Xornada Continua. Parece que por fin a patronal entende que hai un problema, pero presentan unha proposta tan aberta e con tantas condicións, QUE É INASUMIBLE.
CCOO lembra unha vez máis que a xornada partida penaliza o gasto de acudir ao centro de traballo e agora máis coa subida do combustible, que ademais xa se fai ou se fixo en pandemia e que non regular a xornada para evitar quendas partidas, só obedece  a un capricho e a querer castigar ao persoal.

 

Incremento salarial: Mantén a proposta anterior de Incremento Salarial: 2022 - 2´75% 2023 - 2´5 % 2024 - 2´25% 2025 - 2´25% 2026 - 2 % 2027 - 2%

O IPC continúa subindo e parece que a patronal non entende os problemas do persoal para asumir os gastos que esta inflación disparada está a ter na súa economía. Mentres eles soben os prezos para manter os beneficios, NÓS/AS pagamos máis polos artigos co salario conxelado.
CCOO expuxo alto e claro que chegou a hora de que a patronal se implique na solución desta crise, que pense nas persoas traballadoras e presente unha subida de salarios digna, é o momento de pensar no persoal e se é á conta de recortar un pouco os seus beneficios, TEN QUE SER.


Escalada de tensión na mesa do convenio de centros de chamadas: CCOO chama á folga

manifestación contact center

Celebrouse hoxe, 13 de xuño, a segunda xornada de folga de 24 horas tralo éxito da do pasado 13 de mario.Na última reunión da mesa negociadora do convenio, CCOO e UGT demandaron un xiro na negociación. Malia que a próxima reunión está fixada para o 28 de xuño, só se reunirán cando as empresas presenten unha proposta conforme as necesidades do persoal.

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia destaca o gran seguimento no comezo da folga de 24 horas convocada para este luns no sector de centros de chamadas (contact center), así como na manifestación principal, que tivo lugar en Vigo.

A posición respecto ao necesario incremento salarial no sector que defende CCOO vai calando nas empresas xa que catro delas: Abai, Intrum, Concentrix, Lananden, Jazzplat, Oest e Telecyl xa están a aplicar ou van aplicar subidas salariais en 2022 que posteriormente se axustarán ao que se pacte no Convenio.

Desde o sindicato celébrase a entrada en razón das devanditas empresas xa que é de xustiza unha revisión salarial para as persoas traballadoras do sector, que perciben unha media de ingresos brutos mensuais de 800€ que non se actualizan desde 2019, co IPC desde hai case dous anos desbocado.

Ademais, hai outros problemas que debemos resolver neste Convenio:

  • Débennos diñeiro desde marzo de 2020.Regulación e compensación do teletraballo
  • Xornadas parciais indesexadas que nos condenan non só a baixos salarios, senón a unhas cotizacións paupérrimas de cara ao noso futuro, por non falar das ampliacións temporais de xornada que nunca consolidan.
  • Abuso da contratación de ETT, compañeiros e compañeiras a quen as empresas consideran "de segunda".
  • Os continuos Es e ERTEs no sector, polo encabezonamiento da patronal en non querer incluír a subrogación como unha medida de estabilidade no emprego.


Acordo convenio hostalería Lugo

convenio hostalería lugo

O convenio ten aspectos moi importantes para garantir e mellorar as condicións de salario, conciliación e profesionalidade do persoal, recollendo as solicitudes da Plataforma Reivindicativa de CCOO, e todo isto despois duns duros anos de pandemia, con moitos locais pechados e a maioría do persoal en ERTE:

  •  Vixencia 2021 a 2024, con incrementos; 2021.- 1.5%; 2022.- 3,5%; 2023.- 2,5%; 2024.- 3%.

Isto significa que á data publicación do Convenio no BOP, as persoas verán un incremento inmediato nas nóminas do 5%, así como un pago de atrasos polos seus efectos desde o 1 de xaneiro. Ler máis


Constitúese a mesa de negociación do convenio comercio vario de A Coruña

convenio comercio vario coruña

O día 7 de xuño de 2022, constituímos a mesa de negociación do convenio de comercio vario da Coruña, composta por 15 membros por parte da representación sindical e coa seguinte repartición: CCOO 4, CIG 7; UGT 4.

Nesta primeira reunión ademais de constituír a mesa, presentouse unha proposta conxunta das tres centrais sindicais, coa que tentaremos mellorar as condicións de traballo do persoal do sector, incorporando unha vez máis propostas en temas de xornada laboral, descansos, vacacións, licenzas, clasificación profesional, incrementos salariais, abono de complementos, desconexión, transición dixital e igualdade.

A pandemia dos últimos anos que atrasou o inicio desta negociación, ademais da situación actual de IPC disparado, vai complicar sen dúbida esta negociación, pero é de xustiza que o sector do comercio teña unha actualización do seu convenio tras varios anos conxelado.


Concentración polo convenio do Hostal dos Reis Católicos, vencido desde o 2010

concentración convenio hostal reis católicos

O persoal deste establecemento hostaleiro de Santiago de Compostela vén reivindicando a sinatura dun novo convenio desde o ano 2010, data na que caducou a súa vixencia.

Despois de moito tempo de negociacións xa é a segunda vez que se chega a un preacordo, porén, a empresa non materializa a súa sinatura e polo tanto non é aplicable o texto acordado.

Despois de moitas reunións, mobilizacións, folgas, mediacións e arbitraxes, o persoal do Hostal concentrouse diante dos xulgados para demandar ante a xustiza que se publique o convenio e se incrementen os salarios, conxelados desde o seu vencemento.


Haberá mobilizacións en defensa do convenio do comercio de metal da provincia de Pontevedra

convenio comercio metal pontevedra

A asemblea de traballadores e traballadoras que tivo lugar o domingo, 29 de maio, aprobou iniciar mobilizacións en defensa do convenio colectivo do comercio de metal da provincia de Pontevedra. Os sindicatos CCOO, UGT e CIG, recollendo o sentir maioritario do persoal, anunciarán proximamente o calendario reivindicativo.

As intervencións dos traballadores e traballadoras presentes na asemblea centráronse na crítica á conxelación dos salarios —non se actualizan desde o 2020— e na necesidade de amosarlle á patronal o rexeitamento a que non haxa avances nas negociacións.

CCOO, UGT e CIG explicaron que a patronal se pecha en banda a incluír melloras para un sector de actividade que padece especialmente as consecuencias da pandemia, da guerra, da suba desmesurada de prezos ou da crise dos compoñentes tecnolóxicos.

Desde CCOO inciden en que «só queda o camiño da mobilización cando as empresas non escoitan as reivindicacións dos traballadores e das traballadoras». Por esta razón, o sindicato anima a todo o persoal do sector a «participar activamente» nas mobilizacións que se convoquen.

 


Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones