Archivado en Comunicado breve, Empleo, Elecciones sindicales

Concentración GADIS Viveiro

Concentración en contra da represión sindical en GADIS

Nun acto de defensa dos dereitos sindicais, CCOO concentrouse hoxe conxuntamente co persoal da plantilla e suas familias, fronte ao Hiper GADIS de Viveiro para expresar o seu firme rexeitamento aos recentes despedimentos de catro empregados que anunciaron a súa intención de presentarse como candidatos nas próximas eleccións sindicais. Esta concentración representa un chamado á xustiza e á defensa da liberdade sindical.


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

O conflito que hoxe se manifesta comezou coa negativa de CCOO e CIG a asinar o convenio colectivo de alimentación de Lugo, un acordo que deixa una vez mais aos traballadores e traballadoras no furgón de cola das condicions laborais do persoal de GADIS en Galicia.

Dende CCOO levaranse a cabo todas as accións legais necesarias para defender aos compañeiros despedidos e buscar a súa reintegración nos seus postos de traballo.

GADIS, a pesar de ser considerada a empresa máis grande no sector da alimentación, amósase reticente a permitir a liberdade de expresión e sindical. O cadro de persoal uníuse hoxe para apoiar aos compañeiros despedidos e poñer fin a estas prácticas que atentan contra os dereitos das persoas traballadoras.

Esta concentración non só é un acto de solidariedade, senón tamén un chamado á reflexión sobre a importancia de protexer os dereitos sindicais e laborais na nosa sociedade.

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es