Archivado en

Novidades lexislativas decembro 2023

Permiso por lactación acumulada


PERMISO LACTACIÓN ACUMULADA

O RDL 7/2023 do 19/12/23  [LIGAZÓN BOE], recoñece o dereito ao permiso de lactación de forma acumulada en xornadas completas, aínda que non estea regulado no convenio colectivo. Ademais, producíronse sentenzas importantes sobre o cómputo deste dereito, incluíndo unha do Supremo para xornadas parciais.

 


Así e aínda que foi un dereito que conseguimos impulsar a través da negociación colectiva en moitos convenios e plans de igualdade, desde CCOO valoramos de forma positiva este cambio, aínda que insistimos ao Goberno que debe abordar no Diálogo Social a remuneración das 8 semanas do permiso parental, así como unha transposición correcta e completa da Directiva Europea 2019/1158 sobre Conciliación.

A partir de agora, o permiso para o coidado do lactante, segundo o art. 37.4 do ET, concreta o dereito a 1 hora de ausencia no traballo ata que o/a menor cumpra os 9 meses de idade, incrementándose proporcionalmente nos casos de nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollida múltiple.

Por decisión da persoa traballadora poderá:

  • Ausentarse durante unha hora.
  • Dividir en duas fraccións.
  • Sustituíla por unha redución da súa xornada en media hora.
  • Acumular a hora de ausencia en xornadas completas (novidadeenlightened).

Novidades xurídicas adicionais:

En relación con este permiso na fórmula de acumulación de xornada, xa houbo sentenzas de Tribunais Superiores establecendo que debe quedar referido a días laborais e non a días naturais [LIGAZÓN STSJ NAVARRA].

E, con data do 21/11/23, o Tribunal Supremo decidiu sobre o cómputo deste permiso para as persoas con xornada a tempo parcial, fixando que debe alcanzar o mesmo número de horas que a tempo completo [LIGAZÓN STS].


COMUNICADO (pdf)