Arxivat a
CCOO vai continuar coas mobilizacións, como as organizadas nos meses de xullo e agosto
Euskaltel elimina paulatinamente postos de traballo de R
CCOO Servizos Galicia teme que o grupo Euskaltel siga durante os próximos meses coa súa estratexia de redución de postos de traballo de R en Galicia. Tras os despedimentos que leváronse a cabo en xullo, sumouse en agosto a destrución de 36 postos de traballo que se prestaban para R nas empresas de "Universal Support" e "Teleperformance".
Dada esta situación, dende CCOO témese que a destrución de emprego de R decidida polo grupo Euskaltel poda alcanzar até o 50% dos case 800 postos de traballo existentes a día de hoxe segundo a información que se manexa dende o sindicato. Ler máis
En dúas reunións mantidas recentemente coa secretaría xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca, a secretaria xeral de CCOO Servizos Galicia, Lucía Trenor, trasladoulle a preocupación pola destrución de emprego que se está levando a cabo no sector nos últimos meses. A secretaria xeral de Emprego trasladoulle ao sindicato a súa preocupación e interese pola situación xerada no presente conflito.
Ante esta situación, dende CCOO vaíse continuar coas mobilizacións, como as organizadas nos meses de xullo e agosto, durante o mes de setembro en protesta pola deslocalización e destrución de emprego en R que o grupo Euskatel está a levar a cabo en Galicia.
As datas das próximas mobilizacións son:
- Hoxe, martes 10 de setembro ás 19:30 na Rúa Real fronte ao edificio de R
- Mércores 11 de setembro ás 12:00 no Poligono da Grela fronte ao edificio de R
- Martes 24 de setembro ás 19:30 na rúa Real fronte ao edifico de R
- Mércores 25 de setembro ás 12:00 na Praza Luís Seoane fronte ao edificio da Xunta
Persoa de contacto: Iván Cordeiro 660-505 349
Acuerdo de Tarifas y Servicios Bancarios para la Plantilla del BBVA
Delegados y Delegadas de Prevención de Riesgos Laborales en Tecnocom
Decisiones difíciles de entender
Plan de movilidad P.I. Can Sant Joan
La dirección de la Paradores anula la posibilidad de JUBILACIONES PARCIALES AL 75% para los años 2022 y posteriores.
Entra en vigor la ley que regula el teletrabajo: qué cambia a partir de ahora









