error al insertar registro: Table './servicioses/lectura' is marked as crashed and last (automatic?) repair failed
V Plenario da Sección Sindical de CCOO no Grupo Banco Sabadell

Archivado en Normas

plenario ccoo banco sabadell

V Plenario da Sección Sindical de CCOO no Grupo Banco Sabadell

A Comisión Executiva Federal, na súa reunión do 16 de xaneiro de 2024, aproba o proceso do V Plenario da Sección Sindical de CCOO no Grupo Banco Sabadell e a convocatoria do seu Plenario ordinario de renovación que se celebrará os días 17 e 18 de abril de 2024, así como as normas de funcionamento do mesmo. Ler máis


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

Estas normas rexístranse polo Regulamento Interno de Seccións Sindicales aprobado polo Consello Federal o 18 de maio de 2023 e teñen como obxecto regular o proceso de renovación da Sección Sindical de CCOO no Grupo Banco Sabadell.

Este Plenario de renovación debería terse celebrado no mes de abril de 2020. Con todo o Plenario preparado e pechadas as asembleas previas nos territorios, o Goberno de España aprobou o 14 de marzo de 2020 declarar o estado de alarma en todo o territorio español para enfrontar a situación de emerxencia sanitaria provocada pola Covid19. Esta situación impediu a celebración do Plenario e o proceso de renovación da Sección Sindical en tempo e forma.

O 1 de decembro de 2020 negociouse coa RLT un Plan de Saídas Voluntarias, a efectuar durante o primeiro trimestre do 2021 e que afectaría, como máximo, a 1800 persoas.

En setembro do 2021 a empresa comunicou a apertura dun ERE que contemplaba un excedente de 1936 persoas máis. O expediente de ERE pechouse con acordo, con data 19/10/21, cunha afectación final de 1605 traballadores e traballadoras.

Ambos procesos, lóxicamente, tamén afectaron a delegados e delegadas e responsables de ámbito e territorio da nosa sección sindical. Por iso, decidiuse manter a prórroga á Executiva até a substitución dese persoal e a recomposición dos nosos equipos de traballo.

Finalmente, unha vez rematados estes procesos de substitución, debido á proximidade das EESS sectoriais de Banca (15-02-23), decidiuse retomar o proceso unha vez concluídas as mesmas para que houbese un reflexo máis estable na composición da SSE.

Por outra banda, cabe destacar:

En novembro do 2020 promovemos eleccións na nosa filial Sabadell Consumer Finance (SCF). En xaneiro do 2021 celebráronse as eleccións cun resultado electoral que supuxo un 100% da RLT para CC.OO. e pasamos a integrar a este equipo na nosa sección sindical.

No último trimestre do 2021, o Banco integra á plantilla da filial BanSabadell Renting Sociedad Unipersoal en Banco de Sabadell e desaparece esta filial do grupo.

O 1-12-2022, o Banco, froito das nosas negociacións, opta por reintegrar á plantilla da nosa filial Business Services for Operational Support (BSOS) de novo na empresa, desaparece esta filial, disolvéndose a súa RLT podéndose presentar os seus integrantes ás eleccións de febreiro de 2023.

Os obxectivos deste plenario son:

  • Potenciar a participación dos afiliados e afiliadas no proceso.
  • Debate e presentación das enmendas que se estimen oportunas aos documentos do Plenario Estatal. Debate e votación dos documentos.
  • Elección en cada territorio das delegacións asistentes ao Plenario Estatal.
  • Fixación do modelo e elección dos órganos de dirección da Sección Sindical.


Artículos más leídos hoy

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64 / 91 536 51 42
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96