Arquivado en

A Xunta, nas Caixas

Declaracion de COMFIA Galicia

Ante a noticia, publicada en diversos medios en días pasados, de que a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia tiña a intención de nomear un representante nas distintas Comisións de Control das Caixas de Aforros galegas, a Federación de Servizos Financeiros e Administrativos de CCOO de Galicia (COMFIA-CCOO Galicia) desexa facer constar que acolle con moderada satisfacción a adopción da medida, enmarcándoa dentro da “normalidade”.


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

Coincidimos coa conselleira Fernández Curras en que a vixente normativa contempla o nomeamento, aínda que ata hoxe, a diferenza do habitual noutras comunidades autónomas, non se fixera uso de mesmo. O que pode resultar sorprendente é, precisamente, a falta de representación existente nuns órganos de goberno, as distintas comisións de control, nos que a Xunta de Galicia, aínda malia os distintos signos políticos dos diferentes partidos no poder, ben podía haber estado representada.

Nese sentido, en COMFIA-CCOO Galicia entendemos que este feito demostra que o Goberno da Xunta atópase sensibilizado ante a situación en que se desenvuelve o sistema financeiro do Estado e con esta medida vén a patentizar a súa presenza nas entidades de aforro.

Igualmente, o feito de que estes representantes da Xunta poidan intervir nas distintas sesións con voz, aínda que sen voto, vén poñer de relevo que con esta medida o Goberno de Rodríguez Feijoo poderá mellorar as súas tarefas de supervisión e fiscalización, á vez que desecha a intervención na toma de decisións das entidades.

Galicia, 23 de Xuño de 2009

Infórmate

CCOO Servizos é un sindicato, é Comisións Obreiras nos sectores de Comercio, Financeiro, administrativo, das TIC, Hostalería, Telemarketing, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Onde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es