Archivado en
A Xunta, nas Caixas
Declaracion de COMFIA Galicia
Ante a noticia, publicada en diversos medios en días pasados, de que a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia tiña a intención de nomear un representante nas distintas Comisións de Control das Caixas de Aforros galegas, a Federación de Servizos Financeiros e Administrativos de CCOO de Galicia (COMFIA-CCOO Galicia) desexa facer constar que acolle con moderada satisfacción a adopción da medida, enmarcándoa dentro da normalidade.
Coincidimos coa conselleira Fernández Curras en que a vixente normativa contempla o nomeamento, aínda que ata hoxe, a diferenza do habitual noutras comunidades autónomas, non se fixera uso de mesmo. O que pode resultar sorprendente é, precisamente, a falta de representación existente nuns órganos de goberno, as distintas comisións de control, nos que a Xunta de Galicia, aínda malia os distintos signos políticos dos diferentes partidos no poder, ben podía haber estado representada.
Nese sentido, en COMFIA-CCOO Galicia entendemos que este feito demostra que o Goberno da Xunta atópase sensibilizado ante a situación en que se desenvuelve o sistema financeiro do Estado e con esta medida vén a patentizar a súa presenza nas entidades de aforro.
Igualmente, o feito de que estes representantes da Xunta poidan intervir nas distintas sesións con voz, aínda que sen voto, vén poñer de relevo que con esta medida o Goberno de Rodríguez Feijoo poderá mellorar as súas tarefas de supervisión e fiscalización, á vez que desecha a intervención na toma de decisións das entidades.
Galicia, 23 de Xuño de 2009
Se publica en el BOE el XVIII Convenio de Consultoría y comienza, con ello, a ser de aplicación
Tomadura de pelo
El BOCM publica el nuevo Convenio Colectivo de Oficinas y Despachos
Ley 31/1995, de 8 de noviembre, de Prevención de Riesgos Laborales
La banca vendió 50.758 millones en ladrillo tóxico a los fondos en el 2017
Altamira lanza una plataforma online para vender 120.000 inmuebles