Arquivado en Comunicado breve, Negociacion Colectiva, Huelga, Servizos Administrativos, Accion sindical
COMUNICADODE PRENSA CONXUNTO DOS SINDICATOS QUE OSTENTAN A REPRESENTATIVIDADE NA EMPRESA SOLITIUM NOROESTE
Solitium Noroeste pretende conxelar os salarios e empeorar as xornadas de traballo
A empresa SOLITIUM NOROESTE é na actualidade concesionaria dos Servizos de impresión documental nos xulgados de Galicia e nos hospitais do SERGAS, polo que as 145 persoas traballadoras que forman parte do seu persoal son esenciais nestes momentos tan complicados que estamos a vivir por mor da pandemia. Ler máis
Os sindicatos UGT, CCOO e CIG queremos denunciar publicamente o bloqueo por parte da empresa da negociación da revisión salarial para os anos 2020 – 2021 e 2022, xa que SOLITIUM NOROESTE négase a actualizar os salarios do seu persoal desde hai dous anos, coa perda de poder adquisitivo que isto supón para eles e as súas familias, tendo en conta que o IPC para o ano 2021 pode rebasar o 5,5%.
Desde CCOO, CIG e UGT non convocamos ningún tipo de mobilización ata o momento, porque crimos necesario facer un exercicio de responsabilidade, sabendo os graves problemas que suporían para a cidadanía, o bloqueo dos xulgados, xa saturados de traballo na actualidade, e dos hospitais coa situación que están a vivir pola pandemia provocada polo Covid-19.
Por último, queremos trasladar desde CIG, UGT e CCOO, que ademais do Bloqueo da Revisión Salarial, SOLITIUM NOROESTE pretende empeorar de xeito unilateral as condicións laborais do seu persoal no referente a horarios e xornadas laborais, incumprindo o pactado no Convenio Colectivo que se atopa en VIGOR ata o 31 de decembro de 2022.
Por todas estas cuestións queremos comunicar que aos tres sindicatos terminóusenos a paciencia, e que chegaremos ata onde haxa que chegar para defender o poder adquisitivo e os dereitos laborais dos 145 traballadores e traballadoras de SOLITIUM NOROESTE.
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Yolanda Díaz se reúne con CCOO y UGT para conocer su opinión ante la OPA sobre el Sabadell
Convenio de BANCA: AEB debe avanzar en una propuesta de cierre que permita tener convenio antes del verano
BOLETÍN INFORMATIVO
Primera reunión de negociación del XIX Convenio TIC. CCOO presenta su propuesta.
CCOO se concentra en la sede de Paradores por el desbloqueo de la negociación del Convenio Colectivo