Arxivat a

7 de octubre, xornada mundial polo traballo decente

Contra a directiva de tempo de traballo

Os beneficios da globalización distribuíronse de xeito moi desigual entre países e grupos sociais. Nas últimas décadas asistimos á extensión da democracia por amplas rexións do mundo e a un crecemento económico continuado. Porén, ao mesmo tempo incrementouse a fenda que separa os máis pobres dos máis ricos. As desigualdades acentuáronse entre os países e tamén no seu interior.


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail



Esta situación afecta preferentemente aos países en desenvolvemento, pero ten unha repercusión directa sobre os desenvolvidos. Entre eles, as rendas salariais cada vez teñen un menor peso na renda nacional e increméntanse a precariedade, a informalidade e a sinistralidade laborais. Baixo o pretexto da competencia internacional cuestiónanse dereitos sindicais, como está a ocorrer en Europa co gallo da revisión da Directiva de
tempo de traballo e coas sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que favorecen o dúmping laboral.

Para dar resposta ao actual modelo económico, a Confederación Sindical Internacional (CSI), que agrupa organizacións sindicais de 155 países (entre elas, CCOO e UGT), decidiu mobilizarse e convocar unha Xornada Mundial polo Traballo Decente para o vindeiro 7 de outubro. Esta xornada ten unha gran relevancia. Por vez primeira convócase unha protesta sindical a escala planetaria. O sindicalismo  intemacional quere expresar aos gobemos e aos empresarios, ao conxunto das sociedades e ás  institucións intemacionais e rexionais (como a Unión Europea) a vontade sindical de achegar un novo enfoque á globalización, de responder aos retos impostos pola acelerada interdependencia económica, á transformación das estruturas empresariais, á desregulación, ás deslocalizacións e á ausencia de dereitos sindicais e laborais en moitos lugares do mundo. A Xornada Mundial ten os seguintes obxectivos:

A xeneralización do traballo decente no mundo. Segundo a definición da Organización Internacional do Traballo (01T), significa traballo con contrato, salario digno, protección social básica e dereitos sindicais (incluído o diálogo social). No noso ámbito, isto implica que:

  • Ante as institucións a UniónEuropea, xuntamente coa Confederación Europea de Sindicatos (CES), esíxese a modificación radical ou a derrogación da Directiva sobre tempo de traballo.
Esta proposta normativa é a maior agresión contra os dereitos dos traballadores e do modelo social europeo desde que se iniciou a integración. Avanza cara a un modelo de relacións laborais máis propio do século XIX ca do XXI.
  • Ante o Goberno e as empresas españolas,medidas e políticas para combater a sinistralidade e precariedade laborais e eliminar o traballo non declarado.
  • A universalización as NormasFundamentais Traballo, adoptadas pola OIT. Entre os dereitos recollidos nelas atópanse a abolición do traballo infantil e do traballo forzoso, a eliminación de toda discriminación en materia de emprego e o recoñecemento efectivo da liberdade sindical, da negociación colectiva e do dereito de folga.
  • O cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio das Nacións Unidas; oito obxectivos cuantificables que deben acadarse, como moito, en 2015. Os principais son a erradicación da probreza extrema e da fame, a extensión do ensino primario, a promoción da igualdade entre xéneros e a redución da mortaldade infantil.
CCOO e UGT chaman os traballadores españois a participaren  nas accións que se convocarán en moitas cidades e empresas españolas o 7 de outubro de 2008 para celebrar a Xomada Mundial polo Traballo Decente: manifestacións e concentracións en lugares públicos, asembleas e paros simbólicos en empresas e centros de traballo.
       


Informa't

Sindicat, és Comissions Obreres en el sector del comerç, financer, administratiu, de les TIC, Hostaleria, Telemàrqueting, Oficines, Turisme ...Llegir més


Segeuix-nos en Telegram

On estem


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es