Arxivat a
CURSOS FORMACION 2010
OFERTA FORMATIVA COMFIA
Un ano máis COMFIA organiza cursos de formación. Como en anos anteriores, damos preferencia ao ensino curricular (relacionado coas nosas profesións) e acreditable (con certificado acreditativo da formación recibida).
Os cursos elixidos para este ano son o de Asesor Financeiro, Ingles (Básico e Intermedio) e Galego (preparatorio CELGA 3).
As características dos cursos son as seguintes:
Inglés: dous cursos (Nivel Básico e Nivel Intermedio) con 27 prazas por curso e de 240 horas cada un, das cales 40 son presenciais e o resto de teleformación. As clases presenciais celebraríanse en Santiago para os alumnos da zona norte e en Vigo para os alumnos da zona sur, en día por definir (venres pola tarde ou sábado pola mañá).
Na ligazón aparece "Observacións" para que se poña si se prefire o nivel básico ou o intermedio.
Galego: o nivel é o preparatorio para ó CELGA3 e daríase presencial na Coruña o venres pola tarde e o sábado pola mañá. A duración do curso é de 75 horas presenciais con 16 prazas.
Curso de Asesor Financeiro: 270 horas, modalidade a distancia, dirixido a traballadores e traballadoras de entidades financeiras que asesoren en investimento financeiro aos seus clientes. O seu obxectivo é capacitar profesionalmente ás personas participantes para o adecuado asesoramento aos clientes sobre as diferentes alternativas de investimento patrimonial e previsión en función do seu perfil, atender ás necesidades do cliente e os obxectivos comerciais da entidade,
Imparte os contidos requiridos pola EFPA (Asociación Europea de Planificación Financeira) para obter o título oficial de Asesor Financeiro Europeo, EFA.
Preme pra obter máis información:
Acuerdo de Tarifas y Servicios Bancarios para la Plantilla del BBVA
Delegados y Delegadas de Prevención de Riesgos Laborales en Tecnocom
Decisiones difíciles de entender
Plan de movilidad P.I. Can Sant Joan
La dirección de la Paradores anula la posibilidad de JUBILACIONES PARCIALES AL 75% para los años 2022 y posteriores.
Entra en vigor la ley que regula el teletrabajo: qué cambia a partir de ahora









