CCOO Servizos mellora a súa representatividade en DIA SA (Lugo)
Onte luns, día 3,
celebráronse eleccións en DIASA Lugo (Supermercados DIA% Lugo) cun
resultado de dúas delegadas CCOO e tres de Fetico.
Excelente
resultado se temos en conta que o anterior comité de empresa estaba
conformado por nove delegadas (tres de CCOO), pero que a diminución do persoal debido
entre outras causas ao franquiciado de varias tendas provocou que o
novo comité estea conformado agora por 5 delegadas.
As
representantes de CCOO iniciarán agora o seu traballo sindical cunha
meta definida, que é conseguir mellorar e resolver todos aquelas cuestións que propoñiamos na nosa campaña electoral:
- Acabar co costume de poñer diñeiro en caixa para compensar os descadres.
- Acabar coas horas de máis que non están compensadas nin pagas, coa implantación dun sistema de fichaxe.
- Acabar coas xornadas maratonianas, cando se fai unha implantación pola apertura dunha nova tenda.
- Acabar co risco e perigo de estar soas na tenda.
CCOO Servizos quere agradecer ao persoal a súa participación no proceso e especialmente a quen apostou pola nosa candidatura á hora de elixir a súa papeleta de votación.
Publicado o Convenio Colectivo Comercio Alimentación de A Coruña
Trala sinatura do preacordo e tal como se informou o vinte de decembro de 2016, CCOO decidiu non asinalo en base a:
- Por unha parte ao recorrido que aínda quedaba para o proceso negociador e a posibilidade de iniciar campañas de mobilizacións e folga
- Por outra a unha serie de temas fundamentais que era importante mellorar respecto ao convenio anterior:
- Non reduce a xornada laboral: é un dos convenios coa xornada anual máis alta e non considera un mínimo de sábados libres ao ano
- Non regula o control de presenza polo que se seguirán producindo prolongacións irregulares de xonada
- O incrementos salariais son insuficientes
- Non referencia o mantemento do poder adquisitivo ao IPC
CCOO Servizos obtén toda a representatividade en DÉCIMAS (A Coruña, Ferrol e Santiago)
Publicado o Convenio Colectivo do Sector do Comercio Detallista Téxtil de Pontevedra
Podes consultar aquí o texto do Convenio Colectivo publicado no BOP.
O sector de comercio detallista téxtil queda englobado en comercio vario
Asinado o Convenio Colectivo de Comercio Alimentación provincia de Pontevedra
Seguindo a decisión unánime das asembleas convocadas para o debate do preacordo, hoxe mércores, 28 de decembro, levouse a cabo a sinatura do Convenio. Desde CCOO poñémonos a disposición das persoas traballadoras do sector para acadar o obxectivo de que as condicións nel recollidas se cumpran. Nesta central sindical temos claro que non podemos descoidarnos unha vez acadado o acordo, e que calquera convenio non só é bo por si mesmo, senón porque realmente se aplique.
CCOO Servizos non asina o preacordo do Convenio Comercio Alimentación provincia de A Coruña
O 14 de Decembro, chegouse a un preacordo para a firma do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da provincia da Coruña.
CCOO decidiu NON ASINALO e a decisión, aínda que difícil de tomar, faise desde a responsabilidade que temos como sindicato na defensa das condicións laborais dos traballadores e traballadoras do sector.
A decisión de NON ASINALO non é caprichosa, tomámola baseándonos nunha serie de temas fundamentais que queriamos mellorar con respecto ao convenio anterior, unha vez pasado o máis duro da crise económica e na idea de que presionando á patronal, poderiamos conseguir un convenio con mellores condicións: Segue











