Arxivat a

polo traballo decente e contra a directiva europea das 65 horas

Máis de 15 mil persoas acoden ao chamamento de CCOO e UGT

Máis de 15 mil persoas chegadas de toda Galicia participaron na manifestación convocada por UGT-Galicia e o Sindicato Nacional de CCOO. A mobilización, que arrincou ás 20 horas en Vigo do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz e rematou na rúa de Montero Ríos, foi o acto central da Xornada Mundial polo Traballo Decente, na que ademais de reclamar un traballo con dereitos para toda a clase traballadora, tamén se protestou contra a directiva europea das 65 horas.


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail



Esta Xornada é unha mobilización de alcance internacional convocada pola Confederación Sindical Internacional (CSI) e todas as súas organizacións asociadas que, no caso de Europa, se concentran na Confederación Europea de Sindicatos (CES), da cal fan parte CCOO e UGT.  
 
Segundo os secretarios xerais de UGT e CCOO de Galicia, José Antonio Gómez e Xan María Castro, a de hoxe foi «unha data histórica», xa que a Xornada Mundial polo Traballo Decente é «a primeira mobilización global, o primeiro acto coordinado internacionalmente e co obxectivo principal de reclamar unhas condicións de traballo dignas para os traballadores e traballadoras de todo o mundo».  
 
Obxectivos do Milenio 
 
Ademais do traballo decente, a convocatoria internacional da Xornada tamén pediu o cumprimento dos Obxectivos do Milenio das Nacións Unidas, que para a ONU deben estar cumpridos como moi tarde en 2015. Trátase de erradicar a pobreza extrema e a fame, lograr o ensino primario universal, promover a igualdade de xéneros, reducir a mortaldade infantil, mellorar a saúde materna, combater as enfermidades endémicas —como a sida ou o paludismo—, garantir a sustentabilidade do medio natural e fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento.  
 
Directiva europea 
 
Á parte das reivindicacións xenéricas para todo o mundo, a Xornada Mundial polo Traballo Decente en Europa, como no caso de Galicia, acompañouse tamén doutra esixencia: a loita contra a directiva europea de tempo de traballo, que permite unha semana laboral máxima de 65 horas. Para os dirixentes de CC OO e de UGT de Galicia trátase dunha «profunda regresión das conquistas sociais que historicamente lograron as traballadoras e traballadores organizados en sindicatos».  
 
José Antonio Gómez e Xan María Castro tamén consideran que a dita directiva atenta contra a negociación colectiva, xa que propugna a individualización das condicións de traballo. Na súa opinión, isto «só favorecerá a competencia desleal» e «acabará por xerar dúmping no proceso de construción europea».  
 

Informa't

Sindicat, és Comissions Obreres en el sector del comerç, financer, administratiu, de les TIC, Hostaleria, Telemàrqueting, Oficines, Turisme ...Llegir més


Segeuix-nos en Telegram

On estem


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es