Archivado en Negociacion Colectiva, Comunicados convenio, Union Comarcal Vigo, Contact Center, Accion sindical
Celebrouse hoxe, 13 de xuño, a segunda xornada de folga de 24 horas tralo éxito da do pasado 13 de mario.Na última reunión da mesa negociadora do convenio, CCOO e UGT demandaron un xiro na negociación. Malia que a próxima reunión está fixada para o 28 de xuño, só se reunirán cando as empresas presenten unha proposta conforme as necesidades do persoal.
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia destaca o gran seguimento no comezo da folga de 24 horas convocada para este luns no sector de centros de chamadas (contact center), así como na manifestación principal, que tivo lugar en Vigo.
A posición respecto ao necesario incremento salarial no sector que defende CCOO vai calando nas empresas xa que catro delas: Abai, Intrum, Concentrix, Lananden, Jazzplat, Oest e Telecyl xa están a aplicar ou van aplicar subidas salariais en 2022 que posteriormente se axustarán ao que se pacte no Convenio.
Desde o sindicato celébrase a entrada en razón das devanditas empresas xa que é de xustiza unha revisión salarial para as persoas traballadoras do sector, que perciben unha media de ingresos brutos mensuais de 800€ que non se actualizan desde 2019, co IPC desde hai case dous anos desbocado.
Ademais, hai outros problemas que debemos resolver neste Convenio:
2024 © CCOO SERVICIOS. Aviso Legal | Contacto