Precariedade e cambio tecnolóxico: dous retos para a recén constituída Agrupación de Servizos Técnicos e Administrativos

O II Congreso da Federación de Servicios de CCOO determinou nos seus relatorios e Estatutos que o Consello Federal aprobaría durante o presente mandato a integración de Servizos Administrativos e Servizos Técnicos. Cabe salientar que a nova agrupación recolle os sectores de: Servizos Administrativos, Seguros e Mutuas de Accidentes de Traballo, Planificación e Consultorías (TIC), Contact Center, Enxeñerías e Inspección Técnica e Intermediación Laboral.

Esta nova estrutura presenta aínda máis diversidade tendo en conta os distintos sectores que recolle a nova agrupación, ademais de retos organizativos e de acción sindical máis amplos, tales como combatir a precariedade e dotarse de novas ferramentas ante o cambio tecnolóxico e a dixitalización no traballo.

A celebración deste Plenario de integración supón unha continuidade do proceso iniciado en 2014, así como unha importante ampliación do seu ámbito funcional e sectorial que dá lugar a unha nova realidade organizativa que require novos órganos de dirección. Neste caso, unha vez realizadas as votacións queda elixido como responsable da coordinadora da agrupación Héctor Ortega Sánchez.

O presente plenario debe servir para integrar, ilusionar, comprometer e construír un sector que integrará unha ampla gama de subsectores, con heteroxeneidade nas súas características e maior variedade dos seus modelos de negociación colectiva.






Proclamación Candidaturas plenario de integración da Agrupación de Servizos Técnicos e Servizos Administrativos

CCOO Servizos


CCOO Servizos estrea representatividade en Perfumerías Bodybell e Allianz Seguros (Pontevedra)

eleccións

CCOO Servizos pasa a ter presenza en dous novos centros de traballo da provincia de Pontevedra grazas a resultar electas no día de hoxe dúas delegadas de persoal, unha en Ibérica de Droguería e outra en Perfumería SAU e Allianz Seguros.


Con este resultado iníciase unha nova etapa na defensa e mellora dos dereitos laborais en devanditos centros de traballo e CCOO Servizos asume o compromiso adquirido nas furnas e ponse a disposición de todas e todos as traballadoras e traballadores.


CCOO Servizos revalida a súa maioría nas eleccións de Allianz en Galicia

eleccións Allianz

O pasado oito de maio tiveron lugar as votacións de Allianz en todo o Estado, e en Galicia para elixir aos delegados dos centros de Coruña, Vigo, Lugo e Ourense. Nesta ocasión o persoal volveu a escoller de forma maioritaria a candidatura de CCOO.

Partindo dun censo de 66 persoas os resultados quedaron da seguinte forma: CCOO obtivo 3 delegados na Coruña, e un en cada centro de Vigo, Lugo e Ourense; repartíndose un UGT en Lugo e outro a CIG en Ourense.

A sección sindical de CCOO quere amosar o seu agradecimento a todas as persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza nas Comisións Obreiras.


Excelentes resultados de CCOO Servizos na súa primeira candidatura en FREMAP Pontevedra

CC.OO. Servizos estrea a súa representatividade cun gran resultado nas eleccións celebradas hoxe martes, 29 de novembro. Nos catro centros de Fremap na provincia da Pontevedra (Vilagarcía, Porriño, Vigo e Pontevedra) obtivo dous delegados, UGT tres e CSIF catro. Cabe salientar que as diferenzas de votos foron mínimas, con só un de diferenza respecto a UGT.
CC.OO. pasa a ter dous representantes, resultado que o sindicato entende como un recoñecemento das traballadoras e traballadores da empresa ao traballo realizado por CCOO.
Desde CCOO queremos agradecervos ás traballadoras e traballadores de Fremap Galicia a confianza depositada nesta organización.


Mellora os resultados de anteriores eleccións

CCOO Servizos renova a súa maioría nas eleccións sindicais en FREMAP Coruña

CC.OO. revalida  a súa maioría nas eleccións celebradas onte nos catro centros de Fremap na provincia da Coruña: Coruña, Ferrol, Santiago e Ribeira, cun censo total de 76 electores. Dos 5 representantes elixidos 4 son de CC.OO. e 1 de UGT.
CC.OO. pasa de 3 a 4 representantes, UGT de 2 a 1, resultado que o sindicato entende como un recoñecendo das traballadoras e traballadores da empresa ó traballo realizado por CCOO.
Desde CCOO queremos agradecer ás traballadoras e traballadores de Fremap Galicia a confianza depositada nesta organización.


CCOO Servizos gaña por segunda vez consecutiva as eleccións en Frater Prevención Lugo

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais celebradas en Frater Prevención (Lugo), que se celebraron no día de hoxe. A candidatura proposta polo sindicato logrou un delegado, despois de dúas impugnación presentadas por UGT. 

CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no proceso electoral e a confianza depositada.