Galicia e CCOO, moi presentes na manifestación pola erradicación das violencias machistas

Pancarta da Plataforma Feminista Galega, da que forma parte CCOO

Centos de milleiros de persoas percorreron o pasado sábado as rúas de Madrid para denunciar a violencia machista e instar á adopción de medidas para erradicala. Nesta masiva marcha estiveron moi presentes Comisións Obreiras e Galicia. As diferentes estruturas do sindicato implicáronse activamente para que a manifestación fora un éxito.