Arquivado en Comunicado breve, Salario, Condiciones de trabajo, Unión Comarcal A Coruña, Contact Center, Accion sindical
Comunicado do COMITÉ DE EMPRESA TELEPERFORMANCE ESPAÑA S.A.U. A CORUÑA
Teleperformance España (A Coruña) segue a desprezar o seu persoal
O Comité de empresa de Teleperformance Coruña denuncia que a empresa continúa facendo caso omiso das continuas reivindicacións tanto de traballadorxs como da representación legal dos e das traballadoras.
Ante esta situación decidiu convocar Concentración o próximo día 21 de Maio de 12:30 a 13:30 diante do Centro de traballo que Teleperformance ten en Agrela. Ler máis
O obxectivo desta concentración é rematar con:
-
Os continuos descontos en nómina por ausencias debidamente xustificadas polxs traballadorxs, así como desconexións por fallos técnicos responsabilidade de Teleperfomance.
-
As formacións precarias e sen apoio tanto no centro como en teletraballo.
-
A implantación dunha ferramenta única para a comunicación coa empresa con múltiples deficiencias e erros, que deixa totalmente indefensa á plantilla e limita o traballo sindical dos representantes dxs traballadorxs.
-
A falta de información á representación dxs traballadorxs e ausencia de vontade por parte da empresa para acadar puntos de encontro.
A convocatoria desta primeira concentración prodúcese como consecuencia de ter resultado infructuosas as xestións realizadas coa dirección para acadar un acordo e dar solución ós temas que motivan as accións a levar a cabo. Estas movilizacións continuarán de non cambiar a situación que se leva arrastrando dende fai moitos meses e que Teleperformance ignora.
Teleperformance, en Agrela, é unha empresa de Contact Center, que ocupa a máis de 800 empregadxs en A Coruña, dando servizo a grandes multinacionais tanto de telecomunicacións, enerxéticas e outros sectores.
Persoa de contacto:
Clara García Rodríguez (Secretaria do Comité de Empresa) Tfno.: 66 1957031 E-mail: comiteteleperformancecoruna@gmail.com
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Convenio Hostelería Baleares 2018-2022 (Publicado en el BOIB)
El convenio de ARTE continúa con las posiciones aún muy alejadas
Calendario Laboral 2024. Publicado en el BOE
Firmado el III Plan de Igualdad del Grupo Mediterránea
Continúan las movilizaciones en el Grupo DXC